A POLICIA IRANIANA DETÉN AOS CANS


A policía relixiosa da República Islámica de Irán creou un gran cárcere para cans preto de Teherán. A posesión de cans, agás os cans gardiáns, é considerada unha conduta inmoral e non musulmá. A policía iraniana construíu un cárcere para os cans. Miles de persoas foron encarcerados ou recibido advertimiento das normas legais que prohiben ter cans nos domicilios. De acordo ao Islam, os cans son considerados animais impuros e a súa posesión está vista como "baixo a influencia occidental". Varios ayatolláhs denunciaron a posesión de cans como "moralmente depravado", e obxecto de castigo. O hoyatoleslam Gholamreza Hassani declarara en outubro do 2002 que os cans e os seus donos tiñan que ser arrestados. No pasado, os propietarios de cans recibiran advertencias sobre a posesión dos cans domésticos. A pesar das advertencias, o número de cans aumentou nos últimos anos, maiormente entre as mozas de Teherán. Unha destas mozas, Banafshe, de 23 anos, ten unha cadela, "Jessica" que foi detida polo delito de "paseo en público" Banafshe queixouse de que a policía insultouna dicíndolle que: "vivimos nun país islámico, non tes dereito a ter un can, non é musulmá, porqué a túa familia permíteche ter un can en casa?", a moza iraniana continuou explicando que os policías dixéronlle que esperaban que a cadela morrese. Nadja, cuxo can enfermo foi arrestado xusto logo de ser operado, considera ridículo que se arresten aos cans, "un día son os cans, ao día seguinte será outra cousa., despois arrestarán aos paxaros". En agosto do 2007, a policía detivo a unha moza por publicar un anuncio buscando o seu can perdido. Segundo Mehdi Ahmadi, o portavoz da policía de Teherán, tal anuncio propaga a depravación e fomenta a posesión de cans. Máis información AQUÍ

Comentarios