Un xeneral indignado


Por Carlos Casares

O xeneral iraní Abdola Oqabaei está indignado coa prensa occi­dental. As forzas especiáis que manda este militar iniciaron unha dura campaña contra a corrupción pública no seu país. En realidade, a pesar da resonancia moral de tan solemnes palabras, non se trata doutra cousa que perseguir con saña as mulleres que por descoido ou por coquetería permitan que unhas poucas guedellas do cábelo asomen por debaixo dése pano que todas teñen que levar obrigatoriamente tapándolles a cabeza.
O enfado do xeneral baséase, polo visto, nas informacións de algíns periodistas, que nos seus respectivos medios aseguran que presenciaron escenas moi violentas nas rúas de Teherán, cando algunhas mulleres foron detidas pola forza por non levar ben axustado o velo. O militar nega que se utilicen ese tipo de procedementos e que as infractoras simplemente son invitadas a pasar pola comisaría. Debe ser un matiz importante para o citado xeneral, pero que un non acaba de entender en que consiste. Porque el mesmo acepta que as mulleres reincidentes se lles aplica a lei islámica, o cal quere dicir que lles pegan un número determinado de vergallazos nas costas cunha tralla especial. Os escrúpulos, polo tanto, non se refiren ó feito de que os policías lles batan as mulleres cando as deteñen, senón a que o fagan antes de que lles corresponda e no lugar adecuado. E di­cir, coas garantías pertinentes.
La Voz de Galicia, 13.06.1993

Comentarios