TRES ANOS DE OLHO NA MÍDIA


Tres anos De Olho Na Mídia: Liberdade De Prensa, Xustiza E Democracia

Gran parte dos medios de comunicación acreditan que "a liberdade de prensa" é o mesmo que "falar o que un quixer, sen que ninguén nos importune". Isto é unha falacia. Estariamos entón a falar de libertinaxe informativo, en moitas ocasións de simple propaganda vestida de información. O De Olho Na Mídia defende a liberdade de prensa: Falar, autocrítica, rebater, discutir. Unha voz alternativa que amose a indignación dos lectores ou as loubanzas ao ben feito. Os tres anos de De Olho na Mídia marcan un acontecemento moito maior do que as case 30 mil visitas/mes; os 12 mil lectores rexistrados no seu servizo de novas e outros tantos números poderian expresar: son tres anos de democratización da información e de xustiza. Desde GALIZA-ISRAEL parabéns a De Olho Na Mídia e que cumprades moitos anos maís sendo un referente na información veraz. Se ainda non o coñeces, eis a súa ligazón: http://www.deolhonamidia.org.br

Comentarios