IRÁN: SALVOU A VIDA...

Así era
Así quedou

Fallido crime de honra na República Islámica de Irán

O seu nome é Zahida, e o seu marido atacouna con incríbel brutalidade alegando que lle fora infidel e trouxera a deshonra á súa familia. Curtoulle as orellas, a lingua, o naris, arrincoulle os ollos, e deixouna logo tirada para que morrera. Zahida estaba embarazada de 6 meses... mais Zahida sobreviviu. E así como podes ver na segunda foto quedou. Grazas á sharía que lexitima crimes aberrantes contra os Dereitos Humanos.
Outras mulleres son condenadas en Irán a morrer lapidadas. Son soterradas ate o peito, as súas mans atadas, e lapidada logo con pedras de medidas moi específicas, para que a morte sexa dolorosa e non demasiado rápida. (ver fonte.). Se non o cres, aquí podes ver unha execución
Advertímosche de antemán que as imaxes son fortes. Pero non máis que a constante violación dos Dereitos Humanos na teocrácia fundamentalista iraniana.

Comentarios