O MOMENTO DE MARCAR A LIÑA




Por Shlomo Ben-Amí


Tirado de O RUÍDO DOS DÍAS



A Segunda Guerra de Líbano, que comezou máis coma un acto reflexo que coma resultado dunha estratexia racional con obxectivos realizables, deixounos con varias conclusións importantes de cara ao futuro. Nunha guerra iniciada por un mesmo, coma no caso da Segunda Guerra do Líbano, a parte que comenza pode perde-la posición vantaxosa se o inimigo non é un exército regular que opere de acordo coas regras da guerra clásica. Isto é tamén o que lle aconteceu ao exército dos E.U.A. en Iraq. O ataque do choque e temor contra o exército de Saddam Hussein terminou nunha victoria concluínte, pero entón abríronse as portas do inferno, e o exército que ocupaba viuse atrapado nuha guerra asimétrica contra as milicias terroristas e suicidas.Israel e as superpotencias máis fortes tamén fallaron igualmente en campañas asimétricas. Unha dura lección que aprender, que os israelís experimentaron persoalmente, son os límites difusos entre a fronte e a fronte doméstica.Unha organización que non é un Estado tivo éxito ao usar a forza militar contra Israel coa forza dun exército, e ao obrar así redefiniu o campo de batalla futuro. Calquera inimigo, aínda que sexa un exército cunha enerxía inferior á das FDI, e cuxa cultura careza de calquera rastro da moralidade, non dubidará en usa-la súa capacidade balística para golpearnos na nosa fronte caseiro da maneira que fixo Hezbolá.Un país pequeno e mesto coma é Israel non pode permitirse ser testemuña de novo das escenas do desamparo do pasado verán. O fortalecemento da fronte doméstica, sen prexuízo da importancia que pode ter, non pode se-la única resposta.As vidas de residentes do norte non son menos valiosas cás dos residentes do centro de Israel. Sen embargo, un ataque de mísiles sobre Tel Aviv - e os sirios son capaces disto - terá implicacións de gran envergadura, posto que esta non é só a área máis densamente poboada, senón que tamén representa a cerna da economía de Israel.Se Israel non pode prever tal ataque ou evitalo, éste tamén terá graves implicacións na economía israelí a nivel global.Consenso internacionalA Segunda Guerra de Líbano foi a máis longa de tódalas guerras israelíes, a excepción da de Independencia. Se as FDI non gañaron a guerra non foi porque o mundo non lle dera tempo dabondo.A paciencia da comunidade internacional fraqueou en varios puntos: En primeiro lugar, en determinado forcexeo dos réximes moderados do mundo árabe contra as forzas islámicas radicais, onde existe unha alianza secreta con Israel. A guerra de Israel contra Hezbolá foi tamén a guerra dos nosos veciños árabes.Obviamente, Israel non debe asumir que esta alianza é incondicional. A resolución do conflito cos palestinos é vital para alentar esta alianza. En Sharm-el Sheik comprobamos como, contrariamente á posición de Israel e dos E.U.A., Xordania e Exipto impulsaron un proceso diplomático que incluiría Hamas e non o aillaría. De feito, intentaron a renovación do goberno de unidade palestino entendendo que non habería armisticio, por non falar dun acordo, sen Hamas.A separación entre Gaza e Cisxordania, que parece tan favorable a Israel, de ningunha maneira ata as políticas dos nosos aliados no mundo árabe.A segunda razón da prolongada Guerra do Líbano foi o consenso internacional de que cada nación ten o dereito de protexe-las súas fronteiras, con tal de que se recoñezan e as fronteiras acordadas. Este é o caso entre Israel e Líbano. Non é o caso en relación a Siria e os palestinos. Polo tanto, o establecemento dun muro invisible que marque as fronteiras internacionalmente acordadas de Israel debe ser unha compoñente vital na doutrina defensiva de Israel. Isto require unha estratexia que busque acordos diplomáticos e sexa consciente dos seus costes.Para que ese muro se estableza, a enerxía disuasiva de Israel (que revelou defectos perigosos durante a Segunda Guerra do Líbano) debe ser restaurada sen arriscarse a unha guerra con Siria.


Tirado de O Ruído dos Días

Comentarios