DESALOXO DE GAZA NO ANO 2005



No ano 2005 os xudeus residentes en Gaza eran desaloxados para eliminar un dos atrancos do entendemento, para propiciar o avance no proceso de paz entre Israel e a ANP. Un feito este (o desaloxo) que supuxo unha traxedia para milleiros de familias que debían abandonar os seus fogares e que, á forza e pola forza resignados, fixérono non sen dor e frustración. Varios anos despois Gaza é un fervideiro de violencia onde Hamás, semella ter o control. Aquel movemento israelí foi desaproveitado pola negativa intranxixente e radical de Hamas a recoñecer os Acordos xa asinados entre Israel e a ANP. E non só foi a negativa de respectar os acordos, foi a provocación constante (secuestro de soldados israelís en territorio israelí, lanzamento constante de Qassam sobre territorio israelí...) o que derivou no bloqueo da situación. Este video lembra o desaloxo por parte das forzas de seguridade israelís dos habitantes xudeus de Gaza. E unha reflexión en voz alta no que semella ninguén reparou... Israel é unha sociedade multiétnica (19% de árabes-israelís, drusos, circasianos) como efectivamente debe ser. Mais a futura Palestina ten que ser monoétnica. Ningún xudeo poderá vivir en terrotorio palestino, nin sequera sob soberanía administrativa palestina. Por que?

Comentarios