CONFERENCIA NO CLUB DE PRENSA DE ALONA FISHER-KAMM,
A Ministra Conselleira da Embaixada de Israel en España, Alona Fisher-Kamm pronunciará unha conferencia sobre o tema "A situación actual en Oriente Próximo: unha visión israelí", o vindeiro día 3 de xullo, ás 8 da tarde, no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela (Avda.Coruña 6). O acto está organizado pola Asociación Galega de Amizade con Israel.
Alona Fisher-Kamm, que será presentada polo vicepresidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, o avogado Anxel Sánchez Seoane, é licenciada en Ciencias Políticas e master en relacións internacionais pola Universidade de Tel Aviv. Principiou a súa carreira diplomática en 1989 no Ministerio ce Asuntos Exteriores do seu país, departamento no que ocupou os cargos de primeira secretaria do Departamento de América Latina e subdirectora do Departamento de Conversacións Multilaterais pola Paz.
Antes de chegar á legación diplomática hebrea en Madrid, Alona Fisher-Kamm foi segunda secretaria da súa embaixada en Bos Aires e conselleira de medios de comunicación e voceira oficial na embaixada de París. De seguido tedes varios artigos de opinión publicados por Alona Fisher-Kamm:
O lado escuro das noticias sobre a Franxa de Gaza
A Folla de Ruta, a pesar de todo...
A Guerra do Líbano. E agora que?
As opcións de Israel
Comentarios