Chamado conxunto do Partido Comunista Israelí e do Partido do Pobo Palestino
Ambos partidos realizarán unha conferencia internacional sob o titulo: "A iniciativa de Jerusalem en favor da paz e do establecemento de dous estados libres, soberanos e independentes: Israel e Palestina"'. O desexo é que todas as organizacións, partidos políticos e institucións que actuan en favor da paz declaren a semana que vai entre o 2 e o 10 de xuño, como a Semana da Paz Israelí-Palestina. Nese tempo levaranse a cabo actividades solidarias e conxuntas en favor dunha paz xusta e duradeira na rexión baseada nos catro seguintes principios:
1- As fronteiras do 4 de xuño de 1967, denominada Liña Verde, deberán transformarse nas fronteiras da paz entre o Estado de Israel e o Estado Palestino independente.
2- Jerusalem transformarase na capital dos dous estados: Jerusalem Occidental, do Estado de Israel, e Jerusalem Oriental, do Estado Palestino.
3- Todos os asentamientos israelís nos territorios ocupados, deberán ser inmediatamente desmantelados.
4- A solución ao problema dos refuxiados palestinos deberá resolverse mediante a negociación tendo en consideración as resolucións que, ao respecto, ditou as Nacións Unidas.
“Este programa, que deberá recibir a aprobación das Nacións Unidas e da comunidade internacional, poderá transformarse na esperanza do cesamento das hostilidades na rexión e abrirá a porta a unha paz xusta e duradeira entre os dous pobos”, afirma o chamamento do Rakaj-Jadash (Partido Comunista de Israel) e o PPPL (Partido do Pobo Palestino).
Comentarios