APARTHEID EN ISRAEL?

Por Anne Bayefsky

Segundo un recente informe da ONU, o problema non é un Goberno que poida fomentar, tolerar, incitar ao asasinato de xudeus, o problema son os propios xudeus.
Un recente informe de Nacións Unidas plasma o antisemitismo rampante que tomou o control da maquinaria de dereitos humanos da ONU. Nunha linguaxe que lembra á Alemaña nazi, John Dugard, o "Enviado Especial para a situación dos dereitos humanos nos territorios palestinos ocupados desde 1967" da ONU anunciou que os xudeus buscan a dominación racial. En palabras de Dugard, "o exército israelí causa danos corporais e mentais serios aos palestinos. [...] Aos palestinos de todos os OPT [territorios palestinos ocupados] se lles nega a liberdade de movemento. Pode negarse seriamente que o propósito de tal medida sexa establecer e conservar o dominio por parte dun grupo racial (os xudeus) sobre outro grupo (os palestinos) e asoballarlles sistematicamente?

A misión de Dugard na ONU é demonizar a Israel. As violacións dos dereitos humanos cometidas por palestinos foron omitidas deliberadamente da descrición do cargo que ocupa, bosquexado por primeira vez pola Comisión de Dereitos Humanos da ONU no 1993 e prolongado polo "reformado" Consello de Dereitos Humanos. Dugard, avogado de profesión, non só aceptou a desequilibrada tarefa, senón que aproveitou a oportunidade para converterse, no nome dos dereitos humanos, en defensor dunha solución dun único estado. O que Dugard máis teme non é ao terrorismo e ao odio que o alimenta, senón "a xudeización", a idea de que un xudeu resida en terras reclamadas polos árabes. Copiando deliberadamente o imaxinario nazi, o seu informe alude á barreira de seguridade de Israel desta maneira: "O Muro que está sendo construído en Xerusalén Este é un instrumento de enxeñería social deseñado para lograr a xudeización de Xerusalén." O problema da "xudeización" aparece man a man con este defensor na ONU do Goberno de Hamas. Segundo Dugard, Israel non ten ningún dereito a conxelar a transferencia de fondos ao Goberno de Hamas. O motivo? "Como era previsíbel, Israel xustifica as súas accións por motivos de seguridade, pero o verdadeiro motivo parece ser a determinación a provocar un cambio de réxime". Unha ollada á Carta de Hamas axuda a determinar o acertado dun cambio de réxime: "Israel existirá e seguirá existindo ate que o islam o doblegue. Non existe ningunha solución á cuestión palestina que non pase pola jihad". Pero segundo este experto da ONU, o problema non é un Goberno dedicado a matar xudeus, senón os propios xudeus.

O principal argumento desta avanzadilla da ONU do antisemitismo moderno é por na picota ao xudeu cualificándoo coma o racista supremo. Israel sería o equivalente perverso á Sudáfrica do apartheid. Alude, de feito, ao apartheid en 24 ocasiones ao longo do seu informe, proclamando que "as leis e prácticas de Israel nos OPT certamente se parecen a certos aspectos do apartheid". Como era de prever, omite intencionadamente mencionar que un quinto da poboación de Israel é árabe –cidadáns que votan e teñen representantes no parlamento israelí– mentres os países árabes son Judenrein.

E resulta que é Israel o estado do apartheid? A demostración definitiva de que Dugard non é máis que un antisemita financiado pola ONU é a súa forma de culpar ao estado xudeu de todos os males do mundo:Durante anos, a ocupación de Palestina e o apartheid en Sudáfrica chamaron a atención da comunidade internacional. No 1994, o apartheid chegou ao seu fin [...] os OPT convertéronse nunha proba para Occidente, unha proba para xulgar o seu compromiso cos dereitos humanos. Se Occidente suspende esta proba, a duras penas pode esperarse que os países en desenvolvemento se tomen en serio as violacións dos dereitos humanos nos seus propios países. Deste xeito, a ONU inviste o ben e o mal.
Por que debería Sudán deter o xenocidio? Hai que esperar a que os xudeus se arrepintan do seu carácter xudeu e que o carácter xudeu de Israel sexa finiquitado. Por que debería Zimbabwe deixar de asasinar e matar de fame ao seu propio pobo, branco e negro? Por que debe China tolerar a liberdade de expresión? Por que debería Arabia Saudí deixar que as mulleres saian de casa sen un home ou ocupen calquera asento dianteiro do coche? Por que debe Exipto deter a mutilación xenital da maior parte da súa poboación feminina casada? Se todos están esperando unha solución ao problema xudeu! O diñeiro que o contribuínte norteamericano entrega á ONU foi empregado para sufragar tanto o informe de Dugard como a súa publicitación por todo o mundo. Non vai sendo hora de pechar a billa?
Anne Bayefsky (Universidade de Toronto).

Comentarios