BOLTXE promociona webs fascistas


Con dous clicks de rato pode vostede pasar dunha web supostamente comunista a outra na liña máis clásica do fascismo, que acusa á conspiración xudía de ser a creadora do comunismo. Como é isto posíbel? Trátase dunha simple anécdota ou de algo máis grave?


O colectivo Boltxe é unha organización vasca que se declara comunista. Edita a revista Boltxevike e a páxina web www.boltxe.info Na portada desta web, sección Kontra Informazioa, hai unha ligazón coa Nova Orde Imperial (1). Aínda que a primeira vista pode parecer o produto de conspiranoicos, en realidade se trata dunha web de contido antisemita e fascista. Mesturando información de actualidade con burdas falsidades, retoma o tema da conspiración xudía como causante de todos os males do planeta, na liña clásica dos "Protocolos dos sabios de Sión", cuxo texto íntegro, por certo, tamén se inclúe na web (2) Dentro dos males causados polos xudeus, inclúese, tamén, o comunismo (3): Lenín se une a Trotsky en Suíza no Consello de Redacción da Publicación sionista ISKRA (A Faísca) (4) "Información oficial que emana da Rusia mesma informa ao mundo que o Comunismo, mentres se opón barbaramente a calquera forma de Cristiandade, decreta que é un crime para calquera camarada, proferir unha soa palabra de reproche contra os xudeus Desde 1917, a Rusia Vermella foi a base para os conspiradores. Máis tarde, homes malvados en EE.UU. financiárona e industrializárona.


Os revolucionarios Bolxeviques en Rusia asasinaron aos adultos e nenos da familia real e a moitos outros, lanzando así o seu réxime, en sangue. Doutra banda, Boltxe informou recentemente da suposta agresión sufrida por Christopher Bollyn, un redactor do xornal "American Free Press"(5). Unha simple consulta á web deste xornal (6) abonda para comprobar o seu carácter antisemita e ultradereitista. De feito, un dos seus fundadores é Willis Carto, vella militante da extrema dereita norteamericana, que militou en organizacións nazis e anticomunistas. Publicou libros negando o Holocausto e fundou un partido con antigos membros do Ku-Klux-Klan. (7) Christopher Bollyn, é autor, por exemplo dun artigo en que acusa ao Primeiro Ministro israelí de estar vinculado ao comunismo e ao 11-S. Aquí afirma que: "O sionismo como movemento político desenvolveuse xunto ao comunismo a finais do século XIX, entre as comunidades xudías das rexións occidentais do Imperio Ruso. (...) A partir dos seus inicios, os movementos comunista e sionista estaban fortemente entrelazados" (8) Outra mostra do rampante anticomunismo de extrema dereita deste xornal a topamos en http://www.americanfreepress.net/Cultcommsup.pdf Como é posíbel que desde colectivos que se declaran de esquerdas se estea difundindo o ideario clásico da extrema dereita? Unha interpretación optimista é que se trataría dun simple erro cometido por xentes con escasa formación que sucumben acríticamente perante calquera verborrea antisistema sen saber distinguir entre platexamentos progresistas ou reaccionarios. témome, sen embargo, que é máis que unha simpla anécdota, senón o síntoma dun fenómeno de maior calado, e que require unha reflexión en profundidade: boa parte da esquerda está adoptando, conscientemente ou non, posicións do fascismo transversal, na liña do chamado nacional-bolchevismo: linguaxe ultraesquerdista, actitudes e ideas ultradereitistas. O abandono da análise da clase, socialista e feminista, substituído por teorías da conspiración, tópicos racistas e antisemitas, está afectando a porcións cada vez maiores da esquerda. E este proceso de fascistización vai continuar se non lle facemos fronte.

Comentarios