POLO RESPECTO ÁS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

Por Marcos Valcárcel
Celébrase hoxe o Día Mundial en lembranza das vítimas do Holocausto, cando se cumpren 62 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwitz polo Exército Vermello, o 27 de xaneiro de 1945. O Parlamento catalán celebrou un acto conmemorativo coa presenza de Jorge Semprun e de varios superviventes do gueto de Budapest e antigos deportados a Buchenwald (www.galiza-israel.org) e tamén o Parlamento español fixo algo similar. Ante o horror do xenocidio perpetrado polo réxime nazi contra o pobo xudeu, temos a obriga moral de non esquecer as vítimas, seis millóns de mortos, dun dos episodios máis execrables da historia da humanidade.

As institucións europeas planean estender a toda Europa as leis que condenan o revisionismo negacionista a favor dos nazis: oxalá este tipo de leis non fosen necesarias, pero calquera prevención é pouca cando falamos de crimes tan monstruosos como os que protagonizou o réxime de Hitler: "É un horror tan grande que nunca se debería comparar con nada por evitar o risco da banalización", dixo con acerto Carod Rovira no Parlamento catalán. Soameante desde ese respecto poderemos de verdade construír unha cultura de democracia, liberdade e paz.
Artigo publicado nos xornais GALICIA HOXE e La Región (27.01.07)
Blogue persoal de Marcos Valcárcel:

Comentarios