MARCUSE, O SIONISMO E OS XUDEUS.


Para Marcuse, a defensa do Estado de Israel era condición básica para calquera solución pacífica do conflito israelo-palestino, mais el observaba que “só un mundo árabe libre pode coexistir con un Israel libre”.

A relación de Herbert Marcuse con Israel sempre estivo condicionada por unha forte compoñente “emocional” e “persoal”. Marxista alemán de orixe xudea, obrigado polo rexime nazi a deixar a Alemaña e a se exilar nos Estados Unidos, sempre considerou a defensa do Estado de Israel como a condición para calquera solución pacífica do conflito israelo-palestino, a única verdadeira garantía contra a repetición do xenocidio e das diferentes formas de persecución sofridas polos xudeus durante séculos. “A fundación de Israel como Estado independente” – explicaba el, por exemplo, ao movimento estudantil alemán, após a Guerra dos Seis Días – “pode ser considerada ilexítima á medida que ocorreu grazas a un acordo internacional, en territorio estranxeiro e sen ter en conta a poboación local e o seu destino. Mais esa inxustiza non pode ser reparada por outra inxustiza. O Estado de Israel existe e é preciso achar un punto de encontro e de comprensión co mundo hostil que o cerca1.”

Xudaísmo político
Contrario ás posicións sionistas ortodoxas, cuxos riscos de “racismo” implícitos el apunta desde que se reivindica Deus a seu lado, o xudaísmo de Marcuse, sen embargo, é libre de calquera presuposto doutrinario e relixioso: ao invés diso, basease nunha “sensibilidade” absolutamente política en relación á opresión que el sofreu sob o rexime nazi, cando “ser xudeu” significaba obxectivamente “ser de esquerda” - ser unha metáfora viva de todas as formas históricas de opresión sofridas pola humanidade2 . Por esa razón, el non pode senón experimentar un certo malestar diante das formas concretas sob as cales o Estado de Israel se constituiu e continua a defender súa propia existencia: “A difusión da liberdade é o oposto do imperialismo. Non é a expansión dunha nación e dun interese nacional, mais a libertación grazas a todos os esforzos de todas as persoas dominadas por un rexime opresivo [...]. Só un mundo árabe libre pode coexistir con un Israel libre3.”

Federación socialista
Nunha situación de “loita pola sobrevivencia” e sob a ameaza permanente de “conflito armado”, ese “soño” de paz debe tamén concretizarse nun programa político: “A creación dun Estado nacional palestino ao carón de Israel”, primeiro paso para a “coexistencia de israelies e palestinos, de xudeus e árabes, como membros iguais dunha federación socialista dos Estados do Oriente Médio”. De feito, a coexistencia das dúas poboacións non poderá acontecer se unha desas dúas “nacións” fora suprimida pola outra. À medida que a “forza” política e militar de Israel é nidiadamente superior, é preciso que sexa Israel quen facilite ese proceso.

Evidentemente, é triste constatar que, trinta anos despois, a solución do problema que Marcuse presentaba como temporal aínda non foi implantado: continua como unha esperanza longínqua fronte a unha nova escalada de violencia e de represión. As reflexións do filósofo continuan sendo, en consecuencia, unha chamada moi actual a todos os que queren ver tornarse realidade o soño de paz na Palestina, a fin de que eles “inxecten na loita pola seguranza da nación a loita pola liberdade de todos4 ”.

1 - Herbert Marcuse, Das Ende der Utopie (1967), Frankfurt a. M., Neue Kritik, 1980 2 - An Interview with Herbert Marcuse, in L’Chayim, vol. IV, n° 2, 1977, p. 11-12. 3 - Herbert Marcuse, “Only a Free Arab World Can Co-exist with a Free Israel”, introdução à edição hebraica de “L’Homme Unidimensionnelle” e de “Vers la libération”; depois, in Israel Horizon, junho-julho de 1970, p. 17. 4 - Ibid.

Comentarios

neshamito dixo…
pos solo lo habla el 63 por ciento de la poblacion pero nadie eh .