Os kurdos e Israel



Por David Mandel
Mi Enfoque #510, Xullo 1, 2014, 
http://www.jaimegorenstein.com/web2/index.php?option=com_content&task=view&ide=8904&Itemid=157

O mal que fan os homes sobrevívelles,
o ben fica frecuentemente sepultado cos seus ósos.
(Xulio Cesar, Acto 3, Escena 2)

Hai 100 anos, entre novembro de 1915 e marzo de 1916, dous diplomáticos, o francés Francois Georges-Picot e o británico Mark Sykes, negociaron un tratado secreto polo cal Francia e Gran Bretaña dividiron o Levante (as provincias do agonizante imperio otomán) entre as dúas potencias

Armados con mapas, lapis e regras, pero desprovistos de todo coñecemento da historia e da realidade relixiosa e social da rexión, Georges-Picot e Sykes dividiron o Medio Oriente arbitrariamente en zonas de influencia dos seus dous países e trazaron liñas fronteirizas sen tomar en conta as divisións étnicas e relixiosas dos habitantes. 

Os ósos dos dous diplomáticos descansan en tumbas dende hai moitas décadas, pero o efecto das súas accións, séntese hoxe, máis que nunca, no  caos e a violencia que reinan en Siria e Iraq, e que ameazan involucrar a Xordania e Líbano,

Palestina, denominación xeográfica, ("Palestina" foi adoptada polos árabes como nome dunha nación ainda no ano 1964) da rexión designada pola Conferencia de San Remo de 1920 e pola Liga das Nacións para ser Fogar Nacional do Pobo Xudeu tiña unha extensión de 118,000 km2. Os británicos separaron do Mandato Palestino os territorios ao leste do río Jordán, 91,000 km2, dándolles o nome de Transxordania, e instalaron alí como Emir, logo rei, a un membro da familia Hashemita que fora expulsado do que hoxe é Arabia Saudita. 

En Iraq os británicos uniron tres provincias do imperio otomán, que non tiñan en común a relixión (uns era sunnis, outros shiitas) nin a identificación étnica (uns eran árabes, e outros kurdos) e crearon un novo Estado, que nunca tivo existencia previa, ao que deron o nome de Iraq, e onde instalaron como rei a outro membro da familia Hashemita que non tiña raíces nesa rexión.

Os territorios que hoxe son Líbano e Siria foron entregados en mandato a Francia. A poboación das provincias do Líbano incluía cristiáns maronitas, musulmáns shiitas, musulmáns sunnis, e drusos. En Siria vivían sunnis, shiitas, alawitas, drusos, kurdos e unha minoría cristiá.

A inxustiza máis grande dos europeos ao finalizar a Primeira Guerra Mundial foi negar independencia e territorio aos kurdos, un pobo de idioma indo-europeo, que conta con preto de 40 millóns de persoas que viven esparexidas en Siria, Turquía, Iraq e Irán. No Tratado de Sevres, agosto de 1920, as potencias participantes prometeron aos kurdos un Estado independente, pero isto nunca foi ratificado, e tres anos máis tarde, no Tratado de Lausana, 1923, os territorios kurdos e a súa poboación foron repartidos entre os distintos países da rexión.

Os kurdos nunca esqueceron o seu anhelo de independencia, e hoxe, aproveitando o caos que reina en Siria e en Iraq, estableceron un país independente de facto.

Os xudeus teñen unha longa historia en Kurdistán, onde sempre foron benvidos e ben tratados. Unha tradición di que xudeus da tribo de Benxamín chegaron á rexión durante o século 8 AEC. Estudos xenéticos demostran que os xudeus e kurdos descenden de antecesores comúns que viviron en Mesopotamia hai 4,000 anos. Na década dos 50 os iraquís obrigaron aos xudeus, incluíndo aos que vivían na rexión de Kurdistán, a abandonar o país. Hoxe, en Israel, viven máis de 200,000 xudeus kurdos.

Por todas estas razóns, e especialmente por ter en común o feito de que ambas as nacións, xudeus e kurdos, non son árabes, residen no Medio Oriente, e loitan pola súa independencia, (aínda non totalmente lograda polos kurdos), sempre existiu simpatía mutua entre Israel e o pobo kurdo. Hai algúns días ocorreu un feito histórico: por primeira vez un barco trouxo a Israel petróleo extraído dos pozos da rexión kurda de Iraq.

Mentres tanto, no resto do Medio Oriente, a letra da canción de Tom Lehrer , Irmandade Nacional, pódese aplicar lixeiramente modificada:
"Oh, os shiitas odian aos sunnis
 E os sunnis odian aos alawitas,
 E Al Qaeda odia a Hizballah,
 E todos odian aos xudeus"

Comentarios