A central sindical da Histadrut, pasado e presente dos obreiros israelies


Pasado

Fundada o 12 de decembro de 1920 no Technion de Haifa, a centras sindical Histadrut celebrou hai uns días o seu 94º aniversario. Foi creada coma un sindicato de clase que organizase a defensa e as actividades económicas cooperativas dos traballadores xudeus. Outros intentos da devandita organización fixéronse anteriormente, pero fracasaran debido á insistencia dalgúns partidos políticos en manter os seus propios servizos para os seus membros. Vendo que a perpetuación dos sindicatos rivais era, por suposto, contraproducente, fixéronse esforzos para establecer unha organización non partidista, non política. A organización dirixiría actividades tales como a unión de consumidores, o fondo de atención médica, e as bolsas de traballo. Destes esforzos foi que naceu a Histadrut.

Os membros fundadores estaban profundamente influenciados pola tradición característica socialista ruso-xudía da segunda aliá (1904-1914). Eles crían firmemente na constante construción e asentamento en Palestina, e dedicáronse á recuperación da lingua hebrea e a cultura xudía. Como socialistas, crían firmemente que os representantes dos traballadores non deberían gañar máis que os propios traballadores. As resolucións de apertura do primeiro Congreso da Histadrut manifestaron as súas metas ao afirmar que: "É o obxectivo da Federación Unida de todos os obreiros e traballadores de Israel que viven da suor da súa fronte e sen explotación do traballo dos demais, promover a colonización de terras, involucrarse en todos os aspectos económicos e culturais que afectan á man de obra en Palestina, e a construción alí dunha sociedade de traballadores xudeus"..

En 1920, a Histadrut contaba con aproximadamente 4.400 afiliados. En 1922, 8.394 dos 16.608 traballadores do país eran membros da Histadrut. O 75% dos xudeus que chegaron ao país tamén se afiliaron. En 1927, a Histadrut reclamou servir a 25.000 traballadores, abarcando xa o 75% de toda a forza laboral na Palestina xudía.

Presente

A Asociación de Fabricantes de Israel e a Histadrut evitaron por pouco unha folga do sector privado, o 3 de decembro de 2014, cando chegaron á decisión de aumentar o salario mínimo a 700 shekels por mes. A dirección da Histadrut esperaban en principio un aumento de 1.000 shekel. Con este aumento, os traballadores de salario mínimo israelí finalmente levarán a casa 5.000 shekels (uns 1.260 dólares) ao mes. O salario aumentará en incrementos pequenos de 2015 a 2017, co primeiro aumento esperado en abril de 2015. A Histadrut está a traballar para ampliar este aumento no sector público, pero requirirá a aprobación do Ministro de Facenda, o cal pode complicarse desde que Netanyahu cesou ao Ministro de Finanzas Lapid o 2 de decembro de 2014 e as eleccións están programadas para o 17 de marzo de 2015. Este aumento tampouco se aplicará aos empregados por axencias gobernamentais.

A Histadrut mantivo unha posición de poder na sociedade israelí desde os seus inicios. As súas políticas estiveron guiadas polos seus obxectivos de lograr o pleno emprego, así como a seguridade da antigüidade para os seus traballadores. No seu impulso cara ao pleno emprego, a propia Histadrut converteuse no empleador máis grande de Israel. A súa existencia como empleador, así como defensor do traballador fai da Histadrut a organización máis complexa e única.

Comentarios