Sorpresa, sorpresa: Netanyahu tiña razón



Por Ari Shavit
Haaretz - 30.06.2013

Se Israel fora un país san, estaría preocupado esta semana cunha soa cousa: The Economist. O semanario británico é a revísta líder de noticias de calidade en Occidente, un dos poucos medios de comunicación que dan voz ao discurso estratéxico e económico serio da elite global. Por tanto, cando The Economist declarou esta semana que é imposible deter o programa nuclear de Irán, o significado desta declaración foi dramático. A través de The Economist, a corrente principal da comunidade internacional recoñeceu que a súa campaña contra a nuclearización de Irán fracasou. E a través desta revista, a escola que favorece conter a un novo Irán nuclear saíu do armario. Mentres Israel estaba ocupado con espectáculos de luz en forma de reality shows políticos, The Economist informou esta semana que unha moi difícil realidade estratéxica está a tomar forma ao redor de Israel. O que o mundo prometeu que nunca sucedería está a ocorrer neste mesmo momento. O que os máis altos funcionarios do establishment de defensa de Israel prometeron que nunca sucedería, en realidade está a suceder. Irán está a converterse nunha potencia nuclear, mentres que Israel (que está afundido nos seus soños de verán) atópase só. De 2009 a 2012, un intenso debate ao redor de Irán en Israel. Por unha banda estaban os optimistas: o presidente Shimon Peres, o entón xefe do Mossad Meir Dagan, o entón xede do Shin Bet Yuval Diskin, o entón xefe das Forzas de Defensa de Israel Gabi Ashkenazi, o establishment de Defensa, os principais medios creadores de opinión e todos eses refrescantes espíritos que nos vendían a esperanza do mellor. 

No outro lado, en fronte, atopábase un mancillado e sombrío pesimista: o primeiro ministro Benjamin Netanyahu. América está aí, dixéronnos os optimistas. Non, non o está, díxonos o pesimista. Hai unha man oculta que resolverá as cousas, dixéronnos os optimistas. Non, non o hai, dixo o pesimista. Hai tempo, dixéronnos os optimistas. Non, non o hai, dixo o pesimista. O programa nuclear de Irán debe ser detido durante o outono de 2012, dixo o pesimista. Non, dixéronnos os optimistas, o programa nuclear de Irán non é o problema, o problema é o o primeiro ministro. Durante tres anos e medio, os optimistas foron un xornalista a outro e dun americano a outro, dicindo que o pesimista era un perigoso provedor de pesimismo que vía a un grao de area como a unha montaña e que non entendía que o mundo non deixaría que Irán fóra nuclear. Durante tres anos e medio, os optimistas ataron as mans do pesimista sobre a base da tripla promesa de América, a man oculta e o tempo. 

Pero de súpeto, esta semana, chega The Economist e dinos que a promesa absoluta dos optimistas era unha falsa promesa. Pero xa é demasiado tarde. Os cabalos de uranio enriquecido xa fuxiron dos cortellos. Os optimistas internacionais e os optimistas israelís estaban equivocados ao grande. Sorpresa, sorpresa: Benjamin Netanyahu tiña razón. É posible criticar a súa conduta. É obrigatorio criticar certos aspectos da súa política. A opción militar israelí non debería ser a principal opción na mesa.
A xenerosidade cara a Ramallah debería formar parte da batalla de Xerusalén contra Teherán. Pero Netanyahu entendeu o desafío iraniano mellor que outros, e leu o mapa da campaña contra Irán mellor que outros. Mentres que os optimistas foron enganados polas súas ilusións, o pesimista leu correctamente a realidade. Mentres que o establishment de defensa e dos medias foron presas da debilidade e a apatía, o pesimista mantivo as alarmas en funcionamento. Con todo, debido a que nin o afundimento de Occidente nin as festas de aniversarios en Israel permitiron prestar atención ás súas advertencias, o mundo entrou nunha nova e perigosa realidade estratéxica. Berrar que vén o Lobo? Un Lobo? Si, un Lobo, un lobo estratéxico con dentes nucleares está agora á porta. Talvez aínda sexa posible refutar a avaliación da situación de The Economist. Talvez un bloqueo diplomático e económico completo e inmediato de Irán podería aínda conseguir que suspenda o seu programa nuclear co fin de preservar o seu réxime. Pero calquera persoa que queira refutar a profecía do desastre diplomático no canto do militar debe actuar de inmediato. Acábasenos o tempo. Realmente estamos fóra de tempo. Espertar a un minuto da medianoite vai resultar difícil. Pero espertar un minuto despois da medianoite pode chegar a ser catastrófico.

Comentarios