O colono integrista Yakov Teitel condenado a dúas cadeas perpetuas



O terrorista xudeu Yakov Teitel, fanático colono integrista, foi declarado culpábel de dous cargos de asasinato en primeiro grao de dous cidadáns palestinos, ademais dunha longa lista de delitos violentos, foi sentenciado o pasado martes a dúas cadeas perpetuas máis 30 anos adicionais de cárcere polo Tribunal de Xerusalén. Antes da sentenza, Teitel dixo que non se arrepentía dos seus actos.

Os xuíces rexeitaron a petición da defensa dunha sentenza reducida sobre a base do estado mental de Teitel e, ademais, o tribunal ditaminou que o condenado pagará ás familias das dúas vítimas 180.000 shékels a cada unha en concepto de indemnización, e tamén 150.000 shékels a dúas persoas que tentou asasinar, por danos e prexuízos. Tamén foi acusado de pór un artefacto explosivo no interior dunha planta preto da entrada á casa do Prof. Zeev Sternhell, en setembro de 2008. Sternhell, profesor israelí de renome mundial en ciencia política, laureado Premio Israel e activista pola paz, foi ferido na perna cando o artefacto estoupou. A xustiza dun estado de dereito nunha democracia funciona.

Comentarios