Coalición electoral entre Likud e Yisrael Beiteinu


A precampañha electoral en Israel está sendo non apta para cardiacos e realmente sorprendente: os líderes do centrista Likud e do conservador Yisrael Beiteinu anunciaron onte a formación dunha coalición para concorrer ás vindeiras eleccións xerais do 22 de xaneiro. A coalicion concorrerá cunha candidatura única, cuxa composición ainda non foi feita pública. Netanyahu e Lieberman esperan obter 50-51 escanos na Knesset, aumentando asi os actuais 42 que teñen (Likud 27 e Beiteinu 15). A decisión de formar unha coalición foi tomada tras conversas reservadas entre os dous partidos e hai de feito xa rumores sobre que Netanyahu e Lieberman xa dividiron entre si o período no que cada un exercerá de primeiro ministro.

Comentarios