Despois dun ataque israelí a Irán


Por Daniel Pipes
The Washington Times . 24.07.2012

Como responderían os iranianos a un ataque israelí ás súas infraestruturas nucleares? Esta predición ten enorme importancia, ao ter influencia non só sobre a decisión de Xerusalén senón tamén sobre o moito que outros estados traballan para pór trabas a un ataque israelí.

Os analistas en xeral ofrecen predicións optimistas para políticas de disuasión e contención - hai tertulianos que chegan a celebrar que Irán teña capacidade nuclear - á vez que prognostican os peores resultados dun ataque. Prevén que Teherán fará todo o posible por tomar represalias, como secuestros, actos de terrorismo, ataques balísticos, combates navais e o peche do Estreito de Ormuz. Isto a pesar de dous datos: os ataques israelís anteriores a estados inimigos que construían armas nucleares, Iraq en 1981 e Siria en 2007, non suscitaron ningunha represalia; e o exame detido da historia da República Islámica de Irán desde 1979 decántase por unha avaliación «máis comedida e menos apocalíptica -aínda que sobria- das probables consecuencias dun ataque preventivo».

Son palabras de Michael Eisenstadt e Michael Knights, expertos do Washington Institute for Near Eastern Policy que brindan unha excelente guía dos probables escenarios en «Máis aló da análise pesimista: probables respostas de Irán a un ataque preventivo israelí». Este estudo do comportamento iraniano ao longo do tres últimas décadas condúcelles a anticipar que tres principios van a modelar e limitar probablemente a resposta de Teherán a un ataque israelí: a insistencia na reciprocidad, a cautela á hora de non crearse inimigos gratuitamente, e o desexo de disuadir ataques israelís - ou estadounidenses - ulteriores.

Os mulás enfróntanse, noutras palabras, a importantes limitacións á súa capacidade de adoptar represalias, que inclúen a debilidade militar e a perentoria necesidade de non crearse aínda máis inimigos no exterior. Con estas liñas mestras en vigor, Eisenstadt e Knights valoran oito posibles medidas iranianas, que hai que avaliar tendo en mente as alternativas duns islamitas apocalípticos con armas nucleares:

- Atentados terroristas contra obxectivos israelís, xudeus ou estadounidenses: Algo probable, pero que causa unha destrución limitada.
- Secuestro de cidadáns estadounidenses, sobre todo en Iraq: Probable, útil, pero de impacto limitado, como o caso de Líbano nos '80.
- Atentados contra estadounidenses en Iraq e Afganistán: Algo moi probable, sobre todo a través de organizacións satélite, pero que causa unha destrución limitada.
- Ataques balísticos contra Israel: Algo probable: uns cuantos proxectís lanzados desde Irán superan as defensas israelís, o que conduce a baixas probablemente por baixo dos centos de mortos; mísiles lanzados por Hezbolá limitados en número debido a consideracións nacionais libanesas. Improbable: que Hamás interveña, ao distanciarse de Teherán; que interveña o goberno sirio, que está a loitar pola súa vida fronte a unha oposición armada cada vez máis forte; e que interveñan probablemente as forzas armadas turcas. En conxunto, é improbable que os ataques balísticos vaian causar un dano devastador.
- Ataques a estados veciños: Probable: mediante o terrorismo, porque se pode negar a autoría. Improbable: ataques balísticos, dado que Teherán non quere crearse máis inimigos.
- Hostilidades coa Mariña estadounidense: Probable: pero tendo en conta o equilibrio de poderes, causante dun dano limitado.
- Minar de forma encuberta o Estreito de Ormuz: Algo probable, que fai que os prezos da enerxía se disparen.
- Intentos de peche do Estreito de Ormuz ao tráfico: Improbable: é difícil de facer e demasiado nocivo potencialmente para os intereses iranianos, dado que o país necesita do mesmo estreito para a súa actividade comercial.

Os autores tamén consideran tres efectos secundarios potenciais dun ataque israelí. Si, os iranianos poidan pechar filas ao redor do seu goberno durante os momentos posteriores, pero a longo prazo Teherán «podería ser criticado por xestionar a cuestión nuclear dunha forma que conduce á confrontación military». Da chamada rúa árabe predíse de maneira perpetua que se levantará contra un ataque militar externo, pero nunca o fai; probablemente o descontento entre os chiítas do Golfo Pérsico veríase equilibrado polos moitos árabes que acirrarían discretamente aos israelís. En canto a abandonar o Tratado de Proliferación e iniciar un programa nuclear militar aberto, sendo «unha posibilidade moi real», contra máis represalias adopten os iranianos, máis difícil vailles a ser facerse coas pezas necesarias para un programa así.

En suma, estes riscos son desagradables pero non catastróficos, gestionables pero non devastadores. Eisenstadt e Knights esperan unha fase curta de resposta iraniana intensa, acompañada de «un conflito activo de baixa intensidade que se podería prolongar durante meses e mesmo anos»; algo moi parecido ao que existe xa entre Israel e Irán. Un ataque preventivo israelí, conclúen, tratándose de «unha empresa de alto risco que carrexa o potencial dunha escalada no Levante ou o Golfo? non sería o acontecemento apocalíptico que algúns prognostican».

Esta análise convincente confirma que o perigo das armas nucleares en mans iranianas supera con fartura ao risco de eliminar ese armamento antes de que exista.

Comentarios