Os Antialemáns (corrente política de esquerda radical)



Anti-alemáns (corrente política)

Anti-alemán é o nome xenérico aplicado a unha variedade de teorías e tendencias políticas dentro da esquerda radical e comunista, principalmente en Alemaña e Austria. Os Antialemans xurdiron como unha tendencia política distinta, inicialmente de resposta á reunificación alemá e ao antiamericanismo da esquerda "antiimperialista" tradicional. O termo non se refire a unha tendencia radical específica da esquerda senón a un conxunto de distintas correntes: desde dos autodenominados "duros" Antialemans como a publicación trimestral "Bahamas", aos máis moderados como o círculo en torno ao xornal "Phase 2" - concibido orixinalmente como un boletín de discusión a nivel federal do movemento antifascista previo á disolución da Organización nacional Antifascista-. Algunhas ideas dos Antialemans exerceron influencia en contornas esquerdistas como o magazine "Konkret" e o semanario "Jungle World"

Ademais, a posición teórica e práctica máis comunmente asociada cos Antialemans, a solidariedade co estado de Israel, non é exclusivamente súa. Por exemplo, o colectivo Krisis an Exit -creado en torno ao publicista de esquerda Robert Kurz- e outros grupos antifascistas en Alemaña tamén teñen posicións moi claras de apoio a Israel pero sen ningún tipo de identificación cos Antialemans.

As principais opinións dos antialemans inclúen o apoio explícito ao estado de Israel e -aínda que isto só é aplicábel a algúns deles- á política exterior de USA incluíndo a invasión de Iraq en 2003 ou o rexeitamento ás posturas anticapitalistas da maioría da esquerda -as que consideran simplistas e esencialmente antisemitas-. Tamén a crítica do antisemitismo, que consideran profundamente arraigado na cultura alemá ao longo da historia é un dos alicercer da teoria politica da esquerda radical Antialema.

As teorías críticas de Theodor W.Adorno e Max Horkheimer adoitan ser citadas polos Antialemans en relación co primeiro marxismo. No ano 2006, o servizo Alemán de Radio Exterior cifraba o número de Antialemans entre 500 e 3.000.



XURDIMENTO DOS ANTIALEMANS

Os primeiros indicios da aparición dos Antialemans podemos atopalos no proceso de disolución da Federación Comunista Alemá (FCA), unha organización política que operaba sobre todo en Hamburgo e o Norte de Alemaña (entón na República Federal Alemá (RFA). A FCA distinguíase doutros grupos extraparlamentares pola súa escasa fe no potencial dun cambio revolucionario en Alemaña. Coñecido como a análise "Fascistización", esta teoría apoiábase en que as particularidades da historia e o desenvolvemento de Alemaña e a crise endémica do capitalismo provocarían un xiro á dereita e a volta do fascismo.

O rápido proceso de colapso da República Democrática Alemá e a inminente reunificación levaron a unha crise interna dentro da FCA e ao desenvolvemento de posicións antagónicas e irreconciliabeis no seo da organización. A corrente maioritaria defendía que coa desaparición da RDA as cuestións relativas á xustiza social e a restauración do capitalismo no desaparecido país deberían constituír o eixo do traballo político e que para iso sería preciso cooperar co Partido do Socialismo Democrático (PSD). Tamén xurdiu unha corrente minoritaria que se opuña firmemente á reimplantación dunha nación-estado alemá unificada (recuperando unha versión radicalizada da xa citada tese da fascistización). Defendían que se achegaba un período reaccionario e avogaban por unha postura de oposición ao nacionalismo alemán, ao racismo, ao antisemitismo, ao revisionismo histórico e ás políticas de recuperación do gran poder alemán. Dise que durante o debate interno, representantes da tendencia maioritaria acusaron aos da minoritaria de exceso de pesimismo e recomendáronlles "mellor mudarse ás Bahamas". Os minoritarios, nun xesto irónico, bautizaron ao seu órgano de debate como "Bahamas". A frase "Alemaña, nunca máis" -que xurdira nas manifestacións contra a reunificación- converteuse na lema principal dos Antialemans. 
 
No seu primeiro ano de existencia, o xornal "Bahamas" serviu como medio de expresión de distintas correntes da extrema esquerda alemá unidas pola súa posición contraria ao nacionalismo alemán, ao racismo e ao antisemitismo. E criticaban as posturas habituais na esquerda que restaban importancia a estes asuntos e trataban de pasar páxina. Gradualmente, estas diferentes perspectivas deron lugar a unha tendencia orientada ao redor dunha organización de Friburgo coñecida como Foro de Iniciativas Socialistas. Tratábase dunha organización de esquerda radical que aglutinaba elementos do comunismo municipalista e da Teoría Crítica, especialmente de Theodor W.Adorno e da Escola de Frankfurt. Produto deste cambio de perspectiva, moitos antigos membros da FCA abandonaron o círculo editorial do xornal. En 2007, o diario Haaretz definiu Bahamas como "a principal publicación do comunismo proisraelí antialemán".
O DESENVOLVEMENTO DA CORRENTE ANTIALEMANA NOS 90

A noción do rexurdimento do nacionalismo alemán e do racismo a raiz da reunificación pareceu confirmarse durante a década de 1990. Como exemplo: o "pogrom" na cidade de Rostock-Lichtenhagen e o ataque asasino a unha familia turca na cidade occidental de Solingen. Como resultado desta onda de xenofobia e violencia populista, a xerarquía política alemá respondeu aumentando a represión contra os inmigrantes e endurecendo as leis de asilo, que até entón foran claramente liberais. Durante toda a década, elementos do antialemanismo que foran críticos co sistema social imperante en Alemaña atoparon o seu sitio en distintas correntes de esquerda pero especialmente no entón popular Movemento Antifascista, que era a organización que dominaba no espectro do radicalismo entre a mocidade dos 90.

En 1995, 50º aniversario do bombardeo de Dresde, enxalzaron o bombardeo nun acto celebrado nos sotos onde moitos civís alemáns combateran ao nazismo. Isto supuxo un apoio á política estadounidense que aínda volveuse máis pronunciado tras os atentados do 11/S. Desde entón, as manifestacións de apoio ao bombardeo e cos lemas "os criminais alemáns non son as vítimas" ou "bombardeiro Harris, volve facelo" producíronse periodicamente. A intervención da OTAN na ex Iugoslavia en 1999 tamén concitou a oposición dos Antialemans e da maioría das organizacións de esquerda. Moitos Antialemans cualificaron o conflito como unha repetición do acontecido na II Guerra Mundial: cos serbios no papel de vítimas do imperialismo alemán. Algúns Antialemans mesmo fixeron un chamamento para o apoio incondicional ao réxime de Slobodan Milosevic. As razóns dadas polo goberno alemán para lexitimar o conflito foron consideradas polos Antialemans como un punto de retorno á tradicional postura política alemá. A guerra non estaba xustificada "nin a pesar de nin por causa de Auschwitz". Esta visión tamén adoitabase combinar coa de considerar a Alemaña a campiona do mundo en revisar o pasado. Todo isto levou á ruptura entre os Antialemans e os autodenominados Antinacionalistas, máis críticos co nacionalismo en xeral, non só alemán.

Comentarios