Amarga alegría


Por Pilar Rahola

La Vanguardia - 16.10.2011


Se coñecésemos os detalles das reunións no Cairo entre David Meidan, o enviado de Netanyahu, e Ahmed Al-Jabari, o xefe militar de Hamas (coa presenza de exipcios e alemáns, e a supervisión de Yoram Cohen, o xefe do Shin Beit), teriamos o guión dunha película de intriga. Debeu ser arduo chegar ao acordo que implica a liberación do rapaz israelí Guilad Shalit a cambio da excarceración de 1.027 presos palestinos, 500 deles con delitos de sangue. Arduo e para os israelís moi duro de dixerir.
Na listaxe do acordo están, entre outros, Zaher Jabarin e Yihya Sanawar, fundadores da fracción máis mortífera de Hamas, e algúns dos artífices de sanguentos atentados. Significativamente non están nos lista prisioneiros como Barghuti, probablemente porque Hamas non ten interese en liberar a líderes de Fatah, senón só aos seus. Sexa como sexa, a lista é unha labazada directa á seguridade de Israel, que abre un camiño de secuestros moi perigoso. Como dicía un artigo de Haaretz, "In Shalit deal, Israel crossed its own rede lines". Pero ao mesmo tempo que cruzou as súas propias liñas vermellas tamén é certo que a liberación de Shalit era moi importante para a sociedade israelí, profundamente conmovida pola traxedia deste mozo secuestrado aos 19 anos e que leva cinco nun lugar descoñecido, sen ningún contacto exterior. Ninguén sabe como está nin anímica nin fisicamente. Por suposto Hamas pasouse a convención de Xenebra polos forros de Aláh, e toda a corte de organizacións que se pasan a vida vociferando contra a maldade israelí respecto dos palestinos nin tan só aparentaron que se preocupaban por el.
Onde estivo a Cruz Vermella, por pór un exemplo emblemático? E a "neutralidade" xornalística, que falaba de "soldado retido", coma se Shalit estivese retido nun atasco de tráfico. E no colmo da dobre moral, aí está a vergoña dos famosos cooperantes da flotilla solidaria cos palestinos, que se negaron a levar unha carta dos pais de Shalit a Hamas, non fora ser o caso que se contaminasen preocupándose por unha vítima xudía. Vender como solidariedade o que é pura militancia ideolóxica é outra forma de maldade, que perpetúan a miúdo todos os voceiros do antiisraelismo progre. E así estivo Shalit abandonado á única preocupación dos seus.
O acordo deixarao en liberdade, pero tamén deixará na rúa a centenares de tipos que puxeron bombas, segaron vidas e destruíron familias. E ese acordo, que ningún país do mundo asinaría, asínao Israel para salvar a un dos seus. É unha amarga alegría, un noxo na boca do estómago, unha profunda rabia, pero é Shalit devolto á vida. E como di o Talmud, "quen salva unha vida, salva á humanidade enteira". Esperemos que pensen o mesmo os asasinos liberados.

Comentarios