Primarias no Avodá (Partido Laborista)


Finaliza o reconto no Partido Laborista nunha competida primeira volta das primarias, cunha alta taxa de participación de máis do 65 % (Avodá ten máis de 43 mil militantes en todo o país).

No sector druso votou o 62% dos empadroados, no sector árabe o 61%, nos kibutzim o 65% e nos moshavim o 79%.

Shelly Yejimovich encabeza as primarias co 32% dos sufraxios, Amir Peretz séguelle moi preto co 31% dos votos, Itzjak Herzog ficou terceiro cun cómodo 25 % e Amram Mitzna co 12 % dos votos afirmou que apoiará ao vencedor aínda que non mencionou a preferencia por ningún nome dos outros tres candidatos nas primarias laboristas. Como ningún dos candidatos alcanzou o 40% dos votos precisos para gañar as eleccións en primeira volta; a semana próxima Shelly Yejimovich e Amir Peretz competirán nunha segunda volta que definirá o novo lider da esquerda israelí. "Agradezo aos compañeiros do partido que me deron a maioría dos votos", manifestou Yejimovich aos militantes. "Esta é a expresión de confianza no camiño e no que o Partido Laborista quere. Unha posición clara foi expresada. Queremos un partido socialdemócrata forte e moderno. Un partido útil e claro que represente unha alternativa real ao Goberno da dereita".En definitiva a loita final será entre o ex ministro de Defensa e lider sindical no Histadrut Amir Peretz nin a ex xornalista Shelly Techimovich. a segunda volta terá lugar o 21 de setembro. O vencedor será o candidato e lider de partido de cara ás eleccións presidenciais de 2013, nas que, presumiblemente, terá que enfrontarse ao actual primeiro ministro, Benjamin Netanyahu. Ambos os candidatos mostráronse a favor de alcanzar a paz cos palestinos e Peretz descartou a construción de máis asentamentos nos territorios administrados de Cisxordania. Tras conseguir os peores resultados electorais da súa historia en 2009, nas que só conseguiron 13 dos 120 escanos, a situación complicouse aínda máis cando o ministro de Defensa, Ehud Barak, abandonou o partido para entrar no Goberno de Netanyahu, levándose consigo outro catro membros do partido, deixando ao partido con só oito escanos. Un ex ministro dos laboristas, Uzi Baram, sinalou que o feito de que ningún dos nomeados conte co respaldo público "mostra que gañar as eleccións non está no horizonte e estamos basicamente buscando a persoa capaz de sacar isto adiante e reconstruir o partido". Algúns membros do partido mostraron esperanza en que as protestas sociais e económicos deste verán puidesen significar máis apoio para o partido socialdemocrata

Comentarios