A feminización da esquerda israelí

Tzipi Livni de Kadima
Shely Jacimovich de Avodá









Zehava Galon de Meretz

Por Shmuel Rosner

LeftZion

Con Shelly Yacimovich convertida na líder oficial do Partido Laborista de Israel, os dous principais partidos de centro e de esquerda están encabezados por mulleres - Tzipi Livni, en Kadima, Yacimovich, no Avodá -. Outra muller, Zehava Galon, ten moitas posibilidades (iso é o que a xente do seu partido cóntame) de chegar a ser a próximo líder do Meretz. Se isto ocorre, o tres líderes dos tres partidos sionistas de centro e de esquerda, Kadima, Avodá e Meretz serán mulleres. Por contra, todos os líderes dos partidos de centro-dereita e dereita son homes. Que significa isto? A feminización dalgunhas profesións é un indicio doutro tipo de cambios (este caso é un exemplo). Que pasará coa "dirección do partido", e como poderían cambiar tales patróns de votación? Pasemos a conxeturar.
Cando un pensa en esquerda e dereita en Israel, un tende a asumir que a rivalidade máis emocional é a que existe entre o Likud e Kadima. Isto xa non é así. A próxima gran batalla desenvolverase entre Kadima e o Avodá. Un destes partidos será o líder do campo político de centro-esquerda, mentres que o derrotado ficaará moi mermado.
O voto das mulleres é un exemplo diso. En 2009, a maioría dos votantes de Kadima foron mulleres, o 59%. A maioría dos votantes dos Laboristas-Avodá cando o lideraba Ehud Barak, o 61%, eran homes. Yacimovich pode mudar isto? Definitivamente é un tema a tratar.
Kadima foi o partido dos votantes máis novos, mentres que os Laboristas foron a mellor opción dos votantes máis vellos. O éxito de Yacimovich dentro do partido Laborista ten moito que ver co seu carisma e co apoio que está a recibir dos votantes máis novos e entusiastas. Segundo moitas enquisas, o novo partido Laborista vai atraer a máis votantes novos que de maior idade. Estas enquisas tamén nos din que estes votos serán procedentes de Kadima. Na súa maioría novas e mulleres, decepcionados por Livni e intrigados polo fenómeno Yacimovich. En poucas palabras: a rivalidade Bibi e Tzipi "is out". A rivalidade Tzipi ou Shelly "is in".

Comentarios