O prezo da unilateralidade palestina

Por Michael Singh

Para israelís e palestinos non hai camiño unilateral cara á paz e o progreso. Iso só poderá ser alcanzado por medio do duro traballo e deliberacións. Mentres a negociación israelí-palestina, continúe obstruida como desde hai máis de dous anos, máis se amplía a tendencia a apoiar o recoñecemento do estado palestino ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas en setembro. A medida unilateral no organismo internacional, obtén non só o forte apoio por parte dos países árabes senón, tamén, de Francia e Gran Bretaña. Pero o Primeiro Ministro, Salam Fayyad, informou que de 971 millóns de dólares prometidos polos aportantes, cobráronse, na práctica, durante este ano, só 330 millóns. O feito, que os mesmos amigos, que garanten á Autoridade o seu voto ante Nacións Unidas, non cumpran coa axuda económica prometida debería empuxar aos palestinos a agardar.

O último informe do Fondo Monetario Internacional sobre a economía palestina destacou que, a continuidade na súa recuperación económica depende das facilidades, por parte de Israel, sobre o movemento e pasaxe desde Cisxordania a Gaza e da mellor coordinación entre a Autoridade Palestina e Israel en relación ao tema dos impostos cobrados polas autoridades israelís e transferidos á Autoridade Palestina. Iso radica na cooperación israelí-palestino, ameazada pola posibilidade dunha medida palestina unilateral, en setembro. Tal como aclara o informe, con respecto ao diñeiro dos aportantes que non foron abonados, os palestinos non poden confiar en compañeiros que os incentivan na retórica para que, na práctica, os apoien economicamente se as cousas se complícan despois de setembro. Esa é a lección que os palestinos deben aprender dos datos económicos e da mensaxe única que, Estados Unidos e os seus aliados, deben transmitir en Ramallah.

*Michael Singh, foi Director de Medio Oriente no Consello de Seguridade Nacional de Estados Unidos. Actual Director do Instituto Washington para os países do Próximo Oriente. Vía Jerusalem Center for Public Affairs

Comentarios