O pérfido logo


http://safed-tzfat.blogspot.com/

Irán protestou contra o logotipo dos Xogos Olímpicos de 2012, dicindo que o emblema é racista e deletrea a palabra "Sión", informou a axencia de noticias ILNA este luns.

O emblema irregular, de múltiples cores, custou unhas 400.000 libras, e conta con catro números representando a cifra 2012, coa firma estampada dos Aneis Olímpicos na forma que representa ao cero. Con todo, Mohammad Aliabadi, xefe do Comité Olímpico Nacional da República Islámica, afirma que o logotipo socava o evento e acusou os organizadores británicos de caer no "racismo", informou a axencia ILNA. "Todos somos testemuñas de que os próximos Xogos Olímpicos... enfróntanse a un serio desafío, sen dúbida debido ao espírito racista dalgunhas persoas", dixo Aliabadi nunha carta dirixida ao Comité Olímpico Internacional (COI). "O uso da palabra Sión polo deseñador do logo dos Xogos Olímpicos... no emblema dos Xogos Olímpicos de 2012 é un acto repugnante", engadiu Aliabadi, advertindo que se Rogge non cambia o logotipo "afectará á participación de varios países, sobre todo Irán, que insisten en guiarse polos principios e valores do islam". O director do Comité Olímpico de Londres 2012, Sebastian Coe, dera a coñecer o logotipo en xuño de 2007, sufrindo case de inmediato un bombardeo de críticas públicas ao consideralo horrible. Os organizadores defenderon ao logotipo dicindo que é "moderno, audaz, flexible", dirixido a conectar coa xente nova.

Comentarios