Horror en Samaria

Terroristas palestinos asasinaron a cinco membros dunha mesma familia.
.
Cinco israelís foron asasinados esta madrugada cando un ou dous terroristas palestinos lograron infiltrarse no asentamento de Itamar, ao sueste de Nablus. O cinco son da mesma familia: os pais e tres dos seus fillos (un de once anos, outro de tres e un bebé de poucos meses), que estaban a durmir na casa cando penetraron os autores do atentado, a través dunha xanela, tras lograr atravesar o valado de seguridade que rodea á localidade. O cinco foron savaxemente acoiteilados, mentres que outro tres nenos da mesma familia lograron fuxir e avisar aos veciños.

O ataque terrorista tivo lugar ao redor da unha da madrugada.

O Exército de Defensa de Israel (Tzáhal) está a levar a cabo un amplo despregamento en busca dos terroristas con controis nas estradas da zona e ao redor da cidade de Nablus. Tamén pediu o residentes de Itamar que permanezan nos seus fogares, sinalou un portavoz militar. Dani Dayán, líder do Consello Yesha, que representa aos colonos xudeus, desprazouse a Itamar, onde cualificou o atentado de "sen dúbida un dos máis duros dos últimos anos". "Non hai palabras para describir a atrocidade e a dor. Quen pense que os palestinos deixaron completamente de lado os asasinatos, hoxe pode ver que eles non desbotan ningún método nin ningunha vítima xudía", afimou, Dayán. É o atentado máis cruel contra israelís desde marzo de 2008, cando un palestino penetrou nunha escola xudía en Xerusalén e asasinou a oito rapaces estudantes (todos de menos de 16 anos) cunha arma automática. A localidade de Itamar, que ten mil habitantes, foi o escenario dun atentado similar en 2002, no que un terrorista palestino asasinou mediante disparos na súa casa á nai de familia e aos seus tres fillos, ademais dun garda de seguridade.

Comentarios

Unknown dixo…
Non sei se Deus existe, é unha cuestión de fe. Pero, si sei que o demo existe, e vin esta noite.
Unknown dixo…
Non sei se Deus existe, é unha cuestión de fe. Pero, si sei que o demo existe, e vin esta noite.