CINCO PERLAS A PROPÓSITO DO DOCUMENTAL "BORRADOS DO MAPA"



Un grupo de activistas de Free Gaza, atopábanse na Faixa de Gaza cando Israel iniciou o operativo denominado Chumbo Fundido, en resposta aos constantes lanzamentos de mísiles, morteiros e todo tipo de proxectís, que os grupos armados palestinos levaban facendo con total impunidade, especialmente desde o retirada total por parte de Israel de Gaza no ano 2005. O documental, baixo a dirección inicial de Alberto Arce e Miguel Llorens, mostra escenas de destrución, propias de calquera documento gravado durante unha guerra, ademais de declaracións dalgúns personaxes protagonistas. Neste texto desde AGAI rescatan 5 escenas. Son os comentarios dalgúns personaxes, verdadeiras perlas que deixan moi clara a batalla da propaganda e da manipulación da que Hamas é mestre, coa complicidade incomprensible de grande parte dos nosos medios de comunicación. Nomeadamente no caso que nos ocupa da televisión pública española, TVE. Para ver os videos comentados en www.amizadeconisrael.org preme na seguinte ligazón: http://agai-galicia-israel.blogspot.com/2010/02/cinco-perlas-proposito-do-documental.html

Comentarios