.
A súa necesidade de pertencer a Israel non é sempre apreciada pola súa poboación actual. Nun autobús abarrotado de Tel Aviv, cando protestei porque alguén puxera a súa axila en fronte da miña cara, dixéronme que me volvera a América. Os israelíes nativos rinse do meu acento británico, responden ao meu hebreo fluído cun pésimo inglés, pero sen embargo matarían polo meu pasaporte da Unión Europea. Irónicamente, descubrín que a clase obreira israelí, acosada coma está polas dificultades económicas, é a que asemella máis comprensiva coa miña decisión. O seu orgulllo pola patria é real, alegre e implacable.
Israel é a onde pertenzo. Aquí é a onde pertencen xudeus, xa sexa porque vivan aquí, veñan de visita ou simplemente por unha conexión espiritual co lugar. É a encarnación de centos de anos de aspiracións, a través dos progromos, a persecución e o xenocidio. Non é que eu fora a vítima dun verdadeiro antisemitismo na miña vida en Gran Bretaña, pero sempre hai un omnipresente ruxe-ruxe. A miña sinagoga local en Manchester, coma a maioría, ten patrullas dunha compañía de seguridade privada nas festas importantes, e a miña escola xudía tiña un valado con arame de espiño. Aínda non hai nada semellante ó que afrontaron os meus bisavós do Leste, ou o que levou ós meus parentes austríacos cara as cámaras de gas en Auschwitz.
Eu ben podo ser un producto do meu entorno en Gran Bretaña (movementos xuvenís xudeus, educación xudía, fogar xudeu) e por iso hai tantas cousas que me molestan, asustan e apenan de Israel, coma é a súa incapacidade para conciliarse coa realidade dos nosos veciños palestinos, a súa caprichosa atitude cara a guerra e a intolerancia relixiosa de xudeus laicos e relixiosos por igual. Pero aquí estou eu. Este é o meu décimo Yom HaZikaron e Ha´atzmaut coma israelí. Foi con frecuencia dificil, ás veces solitario, ás veces aterrador, pero nunca un motivo de arrepentimento.
Eu son sionista e estou orgullosa.
Un artigo de Sara Miller, editora do Ha´aretz, no Día da Independencia.








O que fai que a inmensa maioría dos árabes no mundo nunca escoitase falar dos campos de extermínio que acabaran coas vidas de seis millóns de xudeus, homosexuais, presos políticos e inimigo do Reich en xeral. Durante a inauguración do museo en Ni'ilin, un reporteiro da canle 10 da TV israelí preguntou aos primeiros visitantes se eles crían no que estaban vendo na exposición. Algúns entrevistados responderan que non sabían se era verdade. "Pode ser todo forxado. Non teño como ter certeza", dixo un palestino. É ese tipo de ignorancia o que fai que os discursos de Ahmadinejad encontren terreo fértil entre árabes e musulmáns. O avogado Khaled Mehamid explicou así, ao xornal Yediot Aharonot, por que decidiu abrir o museo: "Atopeime o ano pasado co alcalde de Ni'ilin, que é membro do Hamas, e en medio á súa gran tristeza pola morte dos cativos, faleille sobre o Holocausto nazi contra os xudeus. Expliqueille que os xudeus teñen a súa dor específica. El non tiña nin idea de cantas persoas foran mortas no Holocausto. Decidín, entón, montar este modesto museo". O avogado tamén contou que non hai libros en árabe que conten sobre Hitler e súa Solución Final. "Creo que só aprendendo sobre o Holocausto e entendendo a magnitute inmensa da traxedia podemos atinxir a paz e a seguridade. Israel non precisa usar balas e gas lacrimóxeno para esclarecer aos palestinos por que os xudeus están aquí. Unha foto do Holocausto ten unha forza única que vale máis do que todo o poder do exército israelí", cre Mehamid. 

























