ETA MANTÉN O SECUESTRO DE GUILAD SHALIT


Guilad Shalit leva 1028 días secuestrado. Hoxe cúmprense 1028 días do secuestro por parte do grupo terrorista Hamás, do soldado israelí Guilad Shalit. A prensa española na súa meirande parte con certeza non falará sobre o tema, é un tema politicamente incorrecto. Choca co recoñecemento que estes mesmos medios fan de Hamas ou da Yihad islámica como "milicianos da resistencia". Un tema espiñento sobre o que mellor non falar. Non hai moito tempo estes mesmos medios de comunicación indignábanse - con razón sen dúbida- polo trato que os terroristas (milicianos da resistencia?) de ETA recibian en Francia como refuxiados políticos. Mais facer estoupar autobuses escolares, pizzerías, discotecas, centros comerciais, universidades, bombardear indiscriminadamente a poboacióin civil.... e xustificado implicitamente na consideración que estes medios de comunicación españois fan de terrorismo islámico palestino como exercicio "lexítimo de resistencia".

Guilad Shalit tiña 19 anos cando foi secuestrado. E durante 1028 días, nin a Cruz Vermella Internacional puido visitalo para comprobar o seu estado de saúde. Hamás non o permite. Este dato é ocultado a mantenta polos medios de comunicación españois.

Guilat Shalit, secuestrado desde hai 1028 días e 1028 noites. No estado español sabemos ben que é o secuestro, a privación ilegal de liberdade por un grupo delincuente que practica o terrorismo coma chantaxe á sociedade. A todos nos emocionou ver as imaxes de José Antonio Ortega Lara saíndo do cativerio terrorista de ETA, liberado após case un ano e medio.

O día 25 de Xuño de 2007, cumprido un ano do secuestro, Hamas fixo pública unha gravación coa voz do soldado secuestrado pedindo ao Goberno de Israel que actue para liberalo. Este foi o primeiro signo de vida de Guilad.

Para escoitar o audio, click aquí
Para ler o texto, click aqui
Porteriormente o 9 de Xuño de 2008, chegou unha carta de Guilad. Para ler a carta, click aquí.
Guilad Shalit leva case 1028 días secuestrado, case tres anos xa.

Comentarios