OS XUDEUS ESTÁN AQUÍ PARA FICAR


Por Naomi Ragen
Ynet
.
Todo xudeu vivindo en Israel é un moderno Macabeo. Todo xudeu que se atreveu a participar neste renacemento da nosa patria enfrontándose a un mundo cruel que nos nega a nós, xudeus, o noso dereito de autodeterminación, mentres que doutra banda defende o dereito de autodeterminación de outros pobos do mundo, é un Macabeo. Cada xudeu asentado en Israel, rodeado por un poder, unha demografía e uns malos designios abafadores dun mundo musulmán virulentamente hostil, é un Macabeo. Con cada candea que acendamos na Janucá -non importa si somos relixiosos ou laicos- celebramos esas cousas que nos unen como nación: a nosa historia, a nosa cultura, a nosa terra e a nosa fe.
.
Celebramos que estas cousas non foran borradas do mundo, e que non sexan agora soamente unhas reliquias detrás dunhas vitrinas en museos e exposicións, como no caso dos cananeos, os hititas e os samaritanos. Con todas esas luces brillando a través das nosas xanelas nas noites escuras nós proclamamos: aínda estamos aquí e a nosa existencia mesma é unha sorprendente vitoria dos débiles contra os fortes, do moito contra os pouco, dos xustos, dos que aman e protexen a vida contra esas outras leis que non teñen respecto pola vida. Con cada candea que acendemos reafirmamos todas esas cousas que nos unen como nación e como pobo: a nosa obstinada indiferenza ante todas esas forzas aliñadas contra nós, o noso rexeitamento a todas esas mentiras divulgadas sobre nós, a nosa afirmación constante da nosa historia, e o noso dereito a tomar o noso lugar como nación entre as nacións libres. Afirmamos que estamos na nosa patria, a terra dos nosos ancestros e na que vivimos -nun número maior ou menor- desde o momento en que Josué cruzou o Jordán. Que nós, os descendentes de Abraham e da tribo de escravos liberados de Exipto cuxos fillos naceron no deserto, lembramos que estamos aquí a pesar de todos os esforzos para facernos esquecer, para facernos desaparecer, para convencernos pola contra, para volver reescribir a nosa historia, para contaminar e negar a nosa historia e os nosos dereitos como pobo que vive na súa terra natal. E lembramos non somentes o que fomos, senón o que somos: os portadores dese facho dun valor precioso que é a vida humana. A nosa agonía, en tanto nación, pola vida secuestrada dun dos nosos fillos, a nosa vontade de liberalo daqueles que nos asasinan sen piedade, o noso desexo de conseguir que ese fillo poida regresar coa súa familia e vivir, toda esa agonía que nos une como nación con el, é a parte máis profunda do noso patrimonio nacional.
.
Ningunha outra nación no mundo consideraría mesmo o inmenso prezo a pagar pola súa liberación. Pero o que facemos, facémolo polo que somos. Porque estamos vivos neste momento e neste lugar, e porque eliximos pasar a nosa vida na nosa patria a pesar de todos os perigos, as dificultades e os sacrificios. Debido a que somos xudeus e israelís, e que xuntos podemos acender unha candea, laicos ou relixiosos, contra a inmensa escuridade dun mundo grandemente hostil. Porque con esa candea de Janucá proclamamos que somos un Pobo, e estamos aquí para ficar, para quedarnos.
Feliz Janucá!!

Comentarios