IMAXES DO BRUTAL BLOQUEO SIONISTA A GAZA








O día a día nun dos mercado en Gaza City, durante o salvaxe bloqueo sionista que está a matar de fame aos palestinos da Faixa de Gaza. Todos podemos comprobar coma, efectivamente, en Gaza hai unha total escaseza de bens de primeira necesidade. Sen dúbida, é un caso claro de repetición do Holocausto nazi, nesta nova versión do gueto de Varsovia.

Tirado de http://jss.over-blog.com/article-35784030.html

Comentarios

Anónimo dixo…
Pois si, vai haber que mandarlles outra de fósforo branco, tungsteno e demais, non vaia ser que as fotos teñan algo que ver coa realidade
Anónimo dixo…
Non deixes que a realidade te estrague unha boa noticia. Magoa que como papanatas algúns reputan o dos coitados palestianos sen querer ver a realidade.
Anónimo dixo…
Papanatas si, mas estiven aí...
Xoán Salgado dixo…
Eu non estiven. Pero teño un bo amigo, británico, que si estivo este ano en Gaza. Exactamente en Xuño e a cousa está mal pero moitísimo mellor que na inmesa maioría dos países africanos. Desde logo en Gaza non hai fame en absoluto. E quen diga o contrario simplemente minte.
Anónimo dixo…
Xa, e durante os meses previos á operación chumbo fundido tampouco había inanición? e durante a propia operación tampouco? e xa abonda de debuxar un mundo en que de todas as atrocidades do capital só se denuncian as cometidas polo Estado de Israel, primeiro porque é falso e segundo porque Israel non é precisamente alleo nin á fame en África nin aos muros que se levantan no resto do mundo, nin ao réxime de fronteiras europeo (por qué non se noticia aquí a última campaña de deportación relámpago de centos de miles de migrantes?), etc. Israel está no corazón da war on terrorism; no corazón da producción de tecnoloxías políticas, xurídicas e militares para as novas formas de hexemonía que operan a nivel global.
En todo caso, eu ben entendo que unha organización que non ten nada mellor que facer que bromear sobre a situación, montar charlas nos búnkers do capitalismo, publicar noticias falsas regularmente, reproducir a liña do fundamentalismo sionista e a da acusación de antisemitismo como conxura da crítica máis en xeral, non aspira a ter credibilidade senón a meras demostracións de supremacía.
Hasbarats dixo…
¿Dónde están las mujeres? Shalom, amics de Galícia!