O DELIRIO DE HUMAN RIGHT


Por Pilar Rahola

La Vanguardia - 22.07.09

Estúpidos? Definitivamente imbéciles? Ou só tratase de constatar un feito irrefutable: que algunhas destas organizacións defínense máis nítidamente polo seu odio a Israel, que pola defensa dos dereitos humanos, até o punto de que estes convertense na pura coartada da súa cruzada ideolóxica. Extraio a información dun artigo de David Bernstein no The Wall Street Journal de hai poucos días. Nel, o profesor da George Mason University e experto en dereitos civís, expresa a súa indignada sorpresa ante a viaxe que Human Rights Watch ven de facer a Arabia Saudita. Pregúntase David Bernstein polos motivos que levaron a Sarah Leah Whitson, a directora de dereitos humanos de Human para Medio Oriente, a viaxar ao país dos Saúd, e as preguntas acumúlanse no seu artigo: "Viaxou para abordar o tema dos malos tratos cara á muller baixo a lexislación saudita?; para facer campaña a favor dos dereitos dos homosexuais, que son castigados coa pena de morte?; para protestar contra a falta de liberdade relixiosa no reino saudita, ou a situación dos presos políticos..."
.
E el mesmo explica que non, que ningunha destas ferintes cuestións motivaron a viaxe de Human a un dos países que máis impunemente destrúen os dereitos fundamentais. O paseo de Sarah Leah tivo a intención de solicitar diñeiro das grandes fortunas sauditas para, segundo ela mesma, "loitar contra os grupos de presión proisraelíes de Estados Unidos, a Unión Europea e as Nacións Unidas". Así explicaba a viaxe unha axencia saudita: "Human Rights está a gañar recoñecemento e apoio no mundo árabe e en Arabia Saudita. Entre outros grandes encontros, comeron co prominente empresario Emad bin Jameel Al-Hejailan, e con outros membros da alta sociedade do Reino". E engadía que a obsesión antiisraelí de Human Rights era unha garantía de simpatía e acordo. Pregúntase Bernstein, e pregúntome co mesmo entusiasmo, se esta dicharachera Sarah Leah fixo os seus encontros cunha fermosa burka, se conduciu ela mesma o coche, se se atreveu a ensinar un nocello ou se, directamente, o seu avión voou de Nova York ao palacio dos seus anfitrións, sen ter que pasearse por este paraíso das liberdades femininas. O único seguro é que a súa viaxe, diñeiro en man, foi un éxito.
.
Estúpidos? Definitivamente imbéciles? Ou só se trata de constatar un feito irrefutable: que algunhas destas organizacións defínense máis nítidamente polo seu odio a Israel, que pola defensa dos dereitos humanos, até o punto de que estes se converten na pura coartada da súa cruzada ideolóxica. Nin tan só é buenismo ou inxenuidade suicida, senón algo peor: é a práctica dunha solidariedade de pacotilla, abertamente reaccionaria, cuxa finalidade é a obsesión ideolóxica que a define. Todo vale contra Israel, mesmo vale o "diñeiro limpo" dunha ditadura brutal. A partir de agora, que neutralidade aspira a vender Human Rights? E, sobre todo, que credibilidade espera ter? Terá que buscala en Arabia Saudita, onde saben moito de dereitos humanos.

Comentarios