O MITO E A REALIDADE

Por Pilar Rahola
.
O primeiro inimigo deste tráxico e duradeiro conflito é a propaganda. E a primeira vítima, é a verdade. Sobre o conflito de Oriente Medio, non se informa, perpetúanse longas retahílas de medias verdades, algunhas sonoras incoherencias históricas e unha inxente cantidade de mentiras. É certo que a deformación da realidade é un fenómeno innato ás crónicas de guerra, e que ningún conflito escapa a esa perversión. Pero a deformación xornalística que sofre a endémica confrontación entre árabes e israelís, vai moito máis alá da tradicional dificultade do xornalismo por atopar o equilibrio informativo. Non existe ningún outro conflito violento que xenere tanto maniqueismo e tanta manipulación informativa. E non hai ningún outro onde se lesione máis o código deontolóxico do xornalismo. A persistente vontade de converter a Israel nunha especie de ente diabólico, eternamente culpábel, e, á súa vez, de presentar aos palestinos como vítimas universais, sen mácula, nin culpa, converteu á maioría da prensa internacional, en parte activa do conflito, e afastouna definitivamente da súa condición de cronista. A cuestión é preguntase se esa postura militante, e abertamente antiisraelí, é realmente útil para resolver o conflito, ou serve só para maquillar algunhas malas conciencias.
,
É útil para conseguir a paz? É útil para o pobo palestino? Ou, como moito me temo, serve só para acender algunhas soflamas dunha esquerda caduca, cuxa nostalxia de vellas ideoloxías, levouna a substituir o póster amarelado do Che Guevara, pola kefia palestina? Porqué se algo resulta meridianamente claro é que a demonización que sofre Israel, en mans do xornalismo, e, especialmente, en mans da intelectualidade de esquerdas, non axuda a ningunha das partes, e contamina seriamente os camiños da paz. Vexamos algunhas das reflexións diverxentes sobre un conflito que, xeralmente, non goza da análise serena, senón dunha profusa evacuación de vísceras. Existe outro problema no mundo que xenere máis adrenalina e menos pensamento, que este? Cantos cidadáns intelixentes, coas súas carreiras debaixo do brazo e os seus títulos de prestixio, transfórmanse en auténticos ignorantes cando falan de Israel! E cantos deles fan boa a máxima que un día dediquei a José Saramago, paradigma da histeria antiisraelí máis desacomplexada: "pódese escribir como os anxos, e pensar como os idiotas!" Se algo é certo, en todo caso, é que o antiisraelismo forma parte do politicamente correcto, tanto que se converteu nun auténtico pensamento único. Con todo, a pesar da súa "incorrección" e a pesar de parecer, sen selo, unha pura provocación, ouso expor algunhas "verdades distintas", ás "verdades" oficiais que parécense impor, sen solución de debate. A primeira verdade é que o principal aliado do pobo palestino, é Israel. Probablemente, de feito, é o único que ten. Ou dito doutro xeito, algúns dos que máis berran "Palestina libre" e máis criminalizan ao "ente sionista", son os que máis dano fan aos intereses do pobo palestino. Non só porqué calquera estado palestino viable, pasa necesariamente pola colaboración co veciño Israel, senón porque a maioría de países que interveñen no conflito, nunca quixeron un Estado palestino. Peor aínda, tampouco quereno os grupos palestinos que usan o terrorismo yihadista, e cuxo único obxectivo é unha República islámica mundializada. Non hai un só texto de Hamás, en décadas de existencia, que expoña a creación dun Estado palestino libre. E iso é extensible a outros grupos da mesma natureza ideolóxica.
.
Se falamos de países teoricamente "amigos" de Palestina, como Irán ou Siria, os feitos son dramaticamente contundentes: profusa axuda económica e militar para o terrorismo; cero axuda económica para a construción dun estado moderno; cero axuda diplomática para a súa viabilidade. Palestina é a gasolina que acende moitas mechas en Oriente Próximo, pero a maioría non teñen como finalidade crear un Estado independente, senón acosar, hostigar e violentar a Israel, cuxa natureza democrática resulta pura dinamita para os reximes da zona. Tampouco serve de moita axuda para resolver o conflito, a minimización do terrorismo palestino, que perpetran, con suicida alegría, a maioría do grandes prol-palestinos que pululan polas esferas do pensamento progresista. Hamás, e o resto de grupúsculos da mesma natureza, son un auténtico cancro para Palestina, fanatizan á súa sociedade, usan a adolescentes como bombas humanas, escravizan ás súas mulleres, asasinan aos disidentes e hipotecan, para sempre, toda posibilidade de acordo con Israel. Practican, pois, unha ideoloxía totalitaria. Non hai ningunha dúbida de que, para os palestinos democráticos, Israel é un inimigo co que terán que pactar algún día. Pero está claro -outra verdade incómoda-, que Hamás é o inimigo principal, e con este nunca poderán pactar nunca. O cal levanos a outro enigma deste particular conflito: como é posible que rapaces de extrema esquerda e sisudos progres de carné, griten "vivas" polas rúas occidentais, a unha organización totalitaria que nunca loitou pola liberdade de ninguén, senón pola escravitude de todos? Por suposto, o mito tamén sinala, con paixón inaudita, que a culpa do conflito é toda de Israel, porqué ocupa territorios palestinos, e non quere a paz.
.
Con todo, a outra verdade sinala como, historicamente, os árabes nunca crearon un estado palestino cando puideron facelo, nin en Gaza por Exipto, nin en Cisxordania, por Xordania. E sinala tamén que, cada vez que houbo unha posibilidade de paz, Israel cedeu territorios que conquistara, despois de guerras cruentas. "Paz por territorios" é un lema fulcral da política de defensa israelí, cuxa virtualidade non discute ningún dos seus líderes. A diferenza dos palestinos, que nunca perderon unha oportunidade de perdelas todas, Israel nunca deixou escapar unha soa oportunidade para garantir a paz. Pero hai unha gran diferenza entre entregar territorios, despois dunha garantía de acordo pacífico, e entregar territorios sen ningunha garantía. Léase Gaza. Sharon devolveu a franxa. E iso só serviu para que Irán armase un auténtico exército, financiase a loxística terrorista, disparase miles de mísiles contra Israel e atrasase calquera posibilidade de acordo. Quen pode pedir a un país que retorne territorios gratuitamente, sen acordo de paz, e coa posibilidade de que se convertan en plataformas da súa propia destrución? Iso, que non se pediría a ninguén, esíxese permanentemente a Israel. O mito fala de Israel como o grande xigante militar da zona. A triste outra verdade é que Israel é o único país do mundo ameazado de destrución, o único cuxo pobo xa sufriu intentos de exterminio, o único que sofre a ameaza dun ataque nuclear, e o único que pode desaparecer.
.
Cantos días, meses, anos poden perder a guerra, os inimigos de Israel? Eternamente. Cantos pode perdela Israel? Un só día. Un só, e desaparece. Outros moitos mitos circulan sobre o conflito, e todos conflúen nunha única dirección: Israel é unha especie de ente diabólico, culpable dos males da rexión e até dos males do mundo. Sorprende que esta obsesiva criminalización a perpetren intelectuais que din defender a liberdade, pero así é. Con todo, a incómoda verdade é que Israel é o único país que defende a liberdade na rexión, e o único disposto a convivir cun estado palestino. Están dispostos, o resto de países islámicos, a convivir cun Israel democrático? Porqué, se outra verdade acompaña a esta primeira, é que a paz non se decide, neste momento, entre Ramallah e Xerusalén. Decídese en Teherán, en Damasco, nas montañas de Paquistán, nos buracos do pensamento fundamentalista, en cada recuncho onde se inocula odio a Israel. É Palestina o gran inimigo de Israel? Non. Palestina será o seu máis fidel aliado, se se acada a paz. Porqué algo está claro, palestinos e israelís sofren a mesma ameaza, e sobreviven ao mesmo inimigo: o fundamentalismo islámico. É unha traxedia para Israel, e para o mundo, que os intelectuais máis vociferantes que practican a profusa histeria antiisraelí, non griten, coa mesma intensidade, contra esta praga totalitaria.
.
Unha última consideración. As miñas reflexións non pretenden convencer a ninguén. As respostas que expoño non son dogmas de fe. Só pretenden abrir novos interrogantes, conseguir que o pensamento único contra Israel crebe, para dar paso ao debate intelixente. O grande problema deste conflito, é que sobre Israel non hai preguntas, só respostas dogmáticas. Non hai ideas, só consignas. Non hai debates, só pancartas. Todo iso, que fai moito ruído e remove moitos estómagos, non serve para nada. Nin para os palestinos, nin para a paz. Ou alguén cre que a paz se constrúe en contra de Israel? Ou alguén cre que a paz a poden traer os fundamentalistas totalitarios? Se fose o caso, evidentemente trataríase da paz dos cemiterios. Israel e Palestina, vidas cruzadas, destinos paralelos. Unha sen a outra non teñen Futuro. O reto é conseguir que tamén teñan Presente. Niso traballamos os que cremos na liberdade dos dous pobos, sen usar a liberdade dun, contra a do outro. E niso non traballan os que só se moven polo odio antiisraelí. Poden gritar moito na rúa, pero só teñen a razón do seu prexuízo.

***
Ven de ser publicado o libro "Atrapados en la discordia. Conversaciones sobre el conflicto Israel-Palestina", de Editorial DESTINO. Unha conversa dura, argumentada e moi enfrontada, entre dúas olladas distintas do conflito de Oriente Próximo. Por unha banda, Tomás Alcoverro, coñecido correspondente no Líbano, e frontal crítico de Israel. Pola outra Pilar Rahola. Do intenso debate, saiu un libro tamén intenso e complexo do que o texto anterior é o prólogo escrito por Pilar Rahola

Comentarios