"LOS LIMONEROS"

"Los limoneros" de Eran Riklis
Hiam Abbass, Ali Suliman, Doron Tavory e Rona Lipaz-Michael protagonizan "Los limoneros", un drama dirixido polo realizador israelí Eran Riklis ("A noiva siria", "Final de copa") gañador do Premio do Público na última Berlinale. Salma, unha viúva palestina, debe facer fronte ao seu novo veciño, nada menos que o ministro de Defensa israelí, cando este se muda a unha casa situada enfronte do seu campo de limóns, na liña fronteiriza entre Israel e Cisxordania. O exército israelí non tarda en declarar as árbores de Salma como unha ameaza para a seguridade do ministro e ordena que se arrinquen. Coa axuda de Ziad Daud, un mozo letrado palestino, Salma chega ao Tribunal Supremo israelí para salvar as súas árbores. A súa loita esperta o interese de Mira Navon, a esposa do ministro de Defensa, e a pesar das súas diferenzas e das numerosas fronteiras que as separan, un lazo invisible une ás dúas mulleres. Entre o novo avogado e a viúva tamén nace unha relación que non será ben vista pola sociedade palestina. A viaxe legal e persoal de Salma a levara até o corazón do complexo caos non carente de humor da loita que se libra en Oriente Próximo, onde todos están sós na súa loita pola supervivencia. Golem será a encargada da súa estrea en España.

Comentarios