MÚSICA XUDEA NO DÍA DA PATRIA GALEGA





"Kroke" é o nome en "yidish" da cidade polaca de Cracovia, que ate a Shoá foi un dos centros máis importantes da vida cultural xudea en Europa. Kroke tamén é o nome dunha banda que recolle todo o legado da música tradicional xudea. Cunha viola, un acordeón e un contrabaixo, máis un hábil uso da tecnoloxía, sintetizan unha mestura de tradición e modernidade que parte das súas raices na música "klezmer" dos xudeus do leste de Europa. Kroke evolue a súa música sob as coordenadas da mística atmósfera de Kazimierz (o barrio xudeu de Cracovia) a inalterábel dignidade dunha tradición que sigue viva após centos de anos, as súas reflexións sobre os sufrimentos do pasado e sobre o presente. O seu carácter fronteirizo integra o cosmopolitismo da música contemporanea co espírito milenario das súas raices. Neles podemos escoitar a dor do pobo errante e a esperanza. A súa discografía fica composta polos seguintes traballos: Trio (1996), Eden (1997), Live at the Pit (1998), The Sounds of the vanishing world (1999), Time (2001), Ten pieces to save the world (2003), East meets East (2003) e Quartet. Live at home (2004). Axiña nos agasallarán unha nova xoia e mentres, podémolos desfrutar na Galiza. Hai uns días no Festival de Ortigueira e o vindeiro 25 de Xullo no marco do Festigal que co gallo do Día da Patria Galega celébrase todos os anos en Compostela.

Comentarios

miriño dixo…
No festival de Ortigueira non estiven. Penseino, pero estar alí sen poder escoitalos a gusto ía ser aínda pero que non velos.

Mais ao festigal si que irei, si.


Unha cousiña, pódedes enviarme un correo onde porme en contacto con vós? O meu xa o tedes, que xa me enviastes uns cantos mails... :)