Sería inimaxinábel que se fora topada a pequena Madeleine McCann (secuestrada na Praia da Luz de Algarbe o pasado 3 de maio) se permitira aos seus raptores conservala. Lamentablemente esa imposibilidade non resulta da inmoralidade insita en abandonar a súa sorte a unha cativa violentada, senon simplemente da necesidade de obter resultados despois de esforzos enormes. Mobilizáronse trescentos policías portugueses axudados por helicópteros, escudriñaronse leguas de terreo, púxose en acción á Garda Republicana axudada por cans rastrexadores, abríronse páxinas web, dedicáronse centos de horas de radio e televisión, ofertáronse millóns de euros por información, creouse o Fondo Madelaine para Non Deixar Pedra sen Remexer… despois de todo sería impensábel que unha vez localizada se deixara á pequena seguir padecendo o cautiverio. Sen embargo, insisto, a preponderancia que terían as consideracións utilitarias por sobre as éticas se desprende dun feito irrefutábel: milleiros de nenos coma Madelaine están hoxe sometidos á vista de todos pero ninguén osa importunar aos seus secuestradores. Estos vinte mil madelainitos non mereceron exhortacións de Bekham nin de Harry Potter, nin a bendición do Papa, nin miles de agasallos para estimular á súa familia, nin nada. Pero aí están, a pesar de que as axencias de noticias os ignoren e os defensores de dereitos humanos os empurren a unha quinta prioridade porque están ocupados en monitorear ao pérfido Israel. Os madeleinitos sofren e morren na península arábiga despois de ter sido secuestrados por traficantes de párvulos nas súas aldeas en Pakistán ou Bangladesh, para seren empregados como xinetes de camelos en fastuosos torneos que teñen séculos de tradición. Cando morre, un neno cameleiro reemprázase fácil e axiña. Decenas están agardando nas súas gaiolas, nas que dáselles de comer unha galleta diaria desde os cinco anos de idade para que cando cheguen á pubertade non pesen máis de cuarenta quilos, requisito este para que o camelo corra velozmente. As carreiras máis ostentosas lévanse a cabo en Dubai, un dos países máis ricos do mundo. Alí residen un cuarto dos madeleinitos, pero a asociación de académicos británicos e o principal sindicato das Illas veñen de anunciar que ao único país sobre o que exhortan a un boicot xeral, é o xudeu. Emires e xeques fan gala de cuidadísimos e alimentados camelos, sobre os que montan xinetiños escravizados aos que se lles minte dicíndolles que os seus pais os venderon para que así xamáis intenten fuxir. Nas súas mazmorras colócanselles cascos baixo o sol abrasador do deserto porque a calor consigue que a súa naris sangre, e este inxenioso método permite reducir aida máis o peso, condición que é prioritaria na escala de valores dos adestradores e os seus amos. A maioría dos mancebos terminan castrados durante o adestramento ou a carreira debido a que as sacudidas dos camelos golpean con forza os seus xenitales. Iso cando non se caen para sempre e fican soterrados sen tumbas nas exóticas dunas da brutalidade. Os transportan por milleiros desde quilómetros polas antigas rutas de escravos, golpeados e famentos ate Karachi, e desde alí ao seu estixio destino. Non teñen documentación nin estatus legal algún. Son baratixas. Se se negan a montar os persuaden a golpes. Non reciben educación algunha e terminan esquecendo de qué país proveñen. Son corpiños para camelear. Se gañan unha carreira, o sheik dono do animal premia ao adestrador e ao camelo. Ao cativo só golpes. As dinastías do mundo árabe petroleiro sosteñen esta práctica atroz, esas corruptelas á que Occidente perdoa todo. Eureka: eis aquí vinte mil madeleinitos. Non recibiremos recompensa pola denuncia, salvo algunha sorna dos portavoces do pensamiento único e da aquiescencia cos rexímenes islamo-fascistas que aspiran islamizarnos a todos.
Demasiado ocupados
Sábese cal será o final dos madeleinitos, dos miles de hoxe e dos miles que seguiran para manter viva a tradición das carreiras. Serán carroña nos areais, ou eventualmente explotados polos escravistas para atender as cortes, ou se afundirán nas condicións máis atroces en prisions árabes como castigo por ser «inmigrantes ilegais». En contraste coa pobre Madeleine, non naceron en Rothley nin teñen ollos claros ou tez branca. As súas condicións infrahumanas reflectin a moralidade dun mundo que tolera todo dos petroleiros, e a dos medios que nunca os mencionan porque están ocupados satanizando a Israel. Este país foi o único condenado nas últimas resolucións do Consello de Dereitos Humanos da ONU, reunido en Ginebra o 20 de xuño pasado. O Consello está conformado por 47 nacións que, en palabras do delegado norteamericano Alexander Wolff, padecen de «unha patolóxica obsesión con Israel». … Por varios milenios, permítome agregar eu provocadoramente. Unha das españolas máis patolóxicamente obsesivas é Maruja Torres. Baste ler a súa crónica sobre a tráxica morte de seis soldados españois no Líbano (Morir en Jiam, El País do 25 de xuño de 2007, páxina 20). En apenas cinco parágrafos, conseguiu mencionar tres veces a Israel (sempre negativamente, que é o único xeito que ten a Torres de lembrarnos aos israelís), un país que non tivo nada que ver coa traxedia. Máis ainda: a propagandista admite ao pechar o seu artigo que lle gustaría que o responsable fora o xudeu… Os escravistas teñen éxito en focalizar toda a moral do mundo contra o Estado xudeu, e deste xeito os seus rexímenes fican exentos de dar explicacións e son premiados pola vista gorda con que os obsequian «progres» e criptodrinos. No mundo árabe o término «xinete de camelo» vase popularizando coma un insulto que significa algo así coma «zafio, maleducado». Só quen descubre a orixe da expresión trata de evitala para non ferir a sensibilidade dos emires que se divirten co fenómeno. Eureka, lector. Atopamos a Madeleine. A vinte mil delas. Sábese onde están pero non se moverá un dedo para rescatalas. Deixaráselles morrer nos seus camelos para non ferir as sensibilidades dos donos do ouro negro. A continua explotación de xinetes de camelos é parte da aquiescencia xeral para co mundo violento e fanático de algúns rexímenes árabes e de Irán. Un que decapita infieles, apedrea mulleres «desviadas», lapida homosexuais, amputa mans de ladróns, e permite golpear ás esposas e matar ás fillas «pola honra familiar». Un mundo no que se exerce regularmente a clitoridectomía, a extirpación cruenta do clítoris, na maior parte dos casos sen anestesia, coa axuda de un coitelo ou folla de barbear, un casco roto de botella ou o borde afiado dunha lata. Seis mil adolescentes son sometidas diariamente á práctica, unha cada quince segundos. Non se require do seu consentimento e ás desgraciadas prohíbeselles chorar ou berrar durante a operación para «non avergonzar a súa familia». Lévase a cabo sobre todo nos países islámicos, ainda que proven de prácticas tribais que preceden ao Islam. Máis ainda, é inusual en algúns países musulmáns como Irán, Turquía ou Xordania. Un modo máis invasivo ainda é la infibulación, onde á clitoridectomía segue o cosido e peche case total con aramios, fibras vexetais ou fio de pescar, para que o marido abra os puntos cunha daga na noite de vodas, e volva a cosela se debe partir por un tempo. Desde Occidente se acepta a «diversidade cultural» e se opta por pedir perdón por caricaturas, suspender óperas de Mozart, prohibir películas que firan sensibilidades (hai un só tipo de sensibilidades a cuidar) e castigarnos a quen desafiamos o pensamiento único e propoñemos que os combatamos. Derrotalos ainda que sexa só para rescatar a vinte mil madeleinitos que agardan a sensibilidade dos de aquí.
Comentarios
E así seguiremos, mentres a tradición pese máis que a razón.
Shalom. Un gran articulo que dice cuatro verdades como puños. Especialmente me parece destacable el cinismo y el doble rasero de los gobiernos de nuestra vieja Europa. Acerca de la obsesión de Maruja Torres con Israel, pues me parece algo insano, como una obsesión enfermiza. Quizá Freud podría sacar alguna conclusión interesante. Saludos!