MAHMOUD ABBAS, A HORA DERROTADA





Por Pilar Rahola
Non é a primeira vez que expreso a miña simpatía co líder de Al Fatah e actual (e precario) presidente palestino. Durante o longo periplo do conflito palestino-israelí, Abbas sempre se mostrou como un home firme na defensa do seu pobo, pero, á vez, pragmático, diposto a consolidar pontes de diálogo seguros, e contrario ás vías mortas da violencia sectaria e a confrontación permanente. É certo que no seu pasado planea a sombra dunha tese doutoral e un libro ("O outro lado: a relación secreta entre o nazismo e o sionismo"), onde se coquetea abertamente co negacionismo, pero tamén é certo que pediu reiteradas desculpas, acoutou as súas afirmacións e, nunha famosa entrevista no Haaretz israelí, asegurou que o Holocausto era un crime indiscutíbel contra a humanidade. O feito é que este home, que acompañou a Arafat durante o exilio de Xordania, Líbano e Tunez, e foi o contacto clave na creación dunha rede árabe de espionaxe a favor dos palestinos, tamén foi o cerebro gris dos acordos de paz de Oslo, e no proceso de Camp David, foi contrario á inflexibilidade obtusa de Arafat. No longo periplo de violencia terrorista, Abbas enfrontouse aos sectores violentos, e das moitas frases para a historia, recollo esta expresión nídia: "O pobo palestino ten dereito a expresar o seu rexeitamento á ocupación por métodos populares e sociais, pero utilizar as armas fai dano e é urxente detelo". Xente moi ben informada explícame un aspecto significativo do carácter deste político que podería ser o estadista que os palestinos nunca souberon ter. Minutos despois da caída das Torres Xemelgas, e con Mahmoud Abbas de viaxe a Estados Unidos, espertou a Arafat, díxolle que aquilo era un desastre, que tiñan que ser inequívocos no rexeitamento frontal a esa tolemia, e que era necesario parar, de raíz, a Intifada. O rais non lle fixo ningún caso, continuou permitindo e alentando os actos de terrorismo, e tardou poucas horas en organizar manifestacións de aberta celebración, a favor dos terroristas do 11-S, nas rúas de Gaza. Din os máis entendidos nos intrinculis palestinos, que Abbas sentiuse profundamente derrotado. Este home que finalmente detenta a presidencia palestina, que ten unha visión intelixente e pragmática do futuro do seu pobo, e que podería ser o artífice dunha solución definitiva, chegou ao lugar oportuno nun dos tantos momentos inoportunos da historia palestina. Lonxe de poder gobernar a un pobo con horizontes afastados, viuse imposibilitado de xestionar o pesado lastre da herdanza de Arafat, unha herdanza de corrupción xeneralizada, militarización masiva, adoutrinamento fanático dos cidadáns e éxito do fundamentalismo islámico, alimentado durante décadas polas enormes irresponsabilidades dos países do contorno, e do propio Arafat, un líder funesto para un pobo errático. Abbas é o lider necesario para unha Nación que quere ter futuro. Pero este líder, decidido e dialogante, non ten presente. O drama de Abbas é o drama de Palestina, un pobo usado e manipulado por todos os países árabes, secuestrado pola tolemia fundamentalista islámica e abandonado no calexón sen saída do odio xeneralizado. A situación actual non é culpa súa, pero é a culpa da suma inxente de graves irresponsabilidades que cometeron os palestinos ao longo da historia. Recordemos a cita do histórico Abba Evans segundo a cal, "os palestinos nunca perderon unha oportunidade para perder todas as oportunidades". Novamente se repite a tráxica historia.

Comentarios

Anónimo dixo…
el unico amigo de pedro sanchez perez castejon?
Anónimo dixo…
el unico amigo de ivan chirivella cruz?
Anónimo dixo…
ivan chirivella blogspot
Anónimo dixo…
oooooooooo
Anónimo dixo…
revocado el visado