SIONISMO DE ESQUERDAS E ANTISIONISMO DE DEREITAS




Unha tendencia alarmante e desanimadora ven madurando nas últimas catro décadas: o sionismo tornouse identificado na mente do público como un movemento reacionario.

Historicamente, o sionismo foi primordialmente un movemento da clase traballadora xudía, de xente pobre. Non conseguindo a axuda de ricos financiadores xudeus para fundar a restauración do pobo xudeu, o movemento sionista voltouse para as pesoas comúns.


O renacemento do pobo xudeu tornouse posíbel en gran parte polos xudeus pobres do mundo, que existian en abundancia apesar dos estereotipos. O sionismo obreiro forxouse dende esas fileiras, un novo proletariado xudeu. A reforestación e redención da Terra de Israel foron financiados na súa maior parte por millares das pequenas caixas do KKL que aparecian en toda casa xudia, escola ou centro de traballo.

Ber Borochov entendeu corretamente que a revolución sionista só podería ser feita por un proletariado xudeu. Ese proletariado foi criado na Palestina, e as instituicións creadas polo Sionismo Obreiro forxaron o Estado xudeu. O sionismo foi, en imaxe e realidade, unha creación da clase traballadora xudia renacida.

O sionismo, o mellor feito dun movemento de libertación nacional do século XX, triunfou frente a unha poderosa coalición de forzas reacionarias. Os líderes máis reacionarios do xudaísmo ortodoxo eran opostos ou indiferentes a el. Os xudeus ricos e ben situados vian o movemento sionista como unha ameaza á súa respectabilidade burguesa. O sionismo era o alvo de radicais extremistas da Palestina, dos proprietarios feudais de terras árabes. O nazi Grande Mufti de Jerusalem se opuña ao sionismo porque sentía ameazada a súa hexemonia feudal e represora. Desde o final da década de 1930, Gran Bretaña, entón a gran potencia imperialista, opúñase ao sionismo, cooptando e colaborando con líderes árabes reacionarios. Lenin dicía que "a revolución é a locomotora da Historia". O Sionismo obreiro, un movemento revolucionario progresista, mobilizou a locomotora da Historia xudía.


Cando Israel naceu, o principio de autodeterminación para o pobo xudeu foi promovido desde a esquerda, polos humanistas e por todos que se consideraban progresistas. Os responsábeis da política externa dos EE.UU argumentaban contra o apoio americano ao Estado sionista, baseandose en que os sionistas eran coñecidos representantes do comunismo internacional. Loy Henderson insistia:
“Sabemos moi bem que todos os xudeus son comunistas. Se os deixarmos vir á Palestina, teremos aquí unha quinta columna soviética" (Benson, Michael, "Harry S. Truman and the Founding of Israel", p. 61).
O Secretario de Estado George Marshall, embora non expresando os seus sentimentos sobre as tendencias políticas do pobo xudeu, tamén tiña a visión de que un Estado xudeu seria prosoviético.


En contraste, o delegado soviético na ONU, Andrei Gromyko, explicitou a posición da URSS en relación ao establecimento dun Estado xudeu nos seguintes termos:
"A delegación da URSS sustenta que a decisión da particion da Palestina mantén os altos principios e obxectivos das Nación Unidas. Está de acordo co principio da autodeterminación dos pobos..."
A solución do problema palestino baseada na partición da Palestina en dous Estados separados terá un profundo significado histórico, porque esta decisión atenderá os lexítimos dereitos do pobo xudeu. (www.zionism-israel.com/zionism_ungromyko2.htm)

Nas décadas de 1950/60, a URSS apoio movementos de libertación, pero tornouse anti-sionista e tamén claramente antisemita. En 1956, Israel encontrouse aliado con Inglaterra e Francia "imperialistas" contra o exípcio Gamal Abdel Nasser, que supostamente representaría as forzas do progreso emn loita contra o colonialismo. A Guerra dos Seis Dias e posteriores enfrentamentos contra países árabes apoiados pola URSS forzaron a Israel a se aliar aos Estados Unidos. Israel pasou a loitar contra unha Organización para Liberación de Palestina (OLP), modelada á semellanza da FLN da Arxelia.


En 1975, países "progresistas" conseguiran aprovar na ONU unha resolución Igualando o Sionismo a Racismo, paradoxalmente axudados polos intereses reacionarios, imperialistas e colonialistas do petroleo. Israel deslizouse tamén para a dereita, cando o partido Laborista de Israel e o movemento Sionista Obreiro se debilitaron. Nos EE.UU, unha visión revisionista de sionismo reduciu toda a filosofia e o fervor socialista e revolucionario de Jabotinsky, ao desexo único por terras na Palestina e intolerancia co sionismo obreiro.


Hoxe, porén, chegamos a unha situación diametralmente oposta e paradoxal, onde ser "de esquerdas" e "progresista" é identificado con ser "anti-sionista" e "anti-Israel", tanto que o propio antisionismo en si é un billete de entrada para as fileiras da "esquerda".


Un recente artigo do New York Times proclama: "Ensaio vencellando a xudeus progresistas e anti-semitismo desperta furor" (Essay Linking Liberal Jews and Anti-Semitism Sparks a Furor). O texto en cuestión, de Alvin H. Rosenfeld, levantou opinión antisionistas de varios xudeus. Excepto na súa oposición a Israel ou as súas políticas, expresadas de varias maneiras, Tony Judt, Richard Cohen e o rabino ultra-ortodoxo David Weiss da seita Neturei Karta non ten ningunha ideoloxia en común. Weiss, baixo ningún critério podería ser descrito como un "progresista".
A única cualificación requerida para facer de Weiss un "progresista" aos ollos do New York Times, aparentemente, é súa oposición á existencia de un Estado xudeu, a que participara dunha conferencia dedicada á negación do Holocausto promovida polo presidente iraniano Mahmoud Ahmadinejad, onde se uniu a "luminares da esquerda" como o negador do Holocausto David Irving e o ex-líder da Ku Klux Klan David Duke.
Anti-sionistas como Tony Judt e David Weiss son dignificados como "críticos progresistas da política israelí". Eles non están criticando a política israelí. Están criticando a existencia de Israel como Estado xudeu. Non son só aliados para o fin da Ocupación. Non queren o fim da Ocupación. Eles queren o fin da autodeterminación do pobo xudeu.


Tony Judt di no New York Times, "Non coñezo ninguén nun respectábel leque de opinión que pense que Israel non deberia existir". Iso é un fraude intelectual barato, pois Judt e outros anti-sionistas están dispostos a aceptar a existencia de un Estado chamado "Israel" que non sexa un fogar nacional para o pobo xudeu. Judt e outros negan ao pobo xudeu o dereito á autodeterminación. Esta non é unha posición "progresista", e está en clara oposición á lei internacional. Na práctica, Judt nega a Israel o dereito á autodefensa, e defende a causa de "respectábeis" grupos "progresistas" como o libanés Hezbollah. A identificación da esquerda co antisionismo é paradoxica, porque "esquerdistas" e "progresistas" acaban defendendo a causa de mulás medievais islamistas e se aliñando aos intereses do imperialismo global do petróleo, sheikhs reacionarios de países petrolíferos e reximes islamistas represivos.


A oposición ao capitalismo, na Teoria Neo-Marxista de Sartre e outras, significa a oposición ao colonialismo, e asi dita que todo inimigo do occidente industrial é aliado da esquerda. Foi así que na segunda guerra do Líbano as forzas do "progreso" atopáronse aliñadas con Hassan Nasralá, axente do colonialismo imperialista da Síria e coa República Islámica do Irán, que loita por devolver o Líbano e o Oriente Medio ao fundamentalismo relixioso e á barbarie.


Fica así "politicamente correcto" que grupos feministas se manifesten en contra da democracia israelí ao carón de reximes onde as mulleres non teñen ningún dereito, e que defensores de dereitos de gays apoien reximes que aforcan homosexuais e que se opoñen ao multi-pluralismo da sociedade israelí.
O paradoxico do apoio "progresista" a reximes reacionarios produce algúns efectos moi estraños, como foi observado por Terry Gavin, hai poucos meses, cando escribiu sobre "esquerdistas" reacionarios que atacaran a musulmáns realmente progresistas no Canadá.


O isolamento do sionismo no campo dos reacionarios, porén, non foi só traballo da esquerda. Nos EE.UU, pretendidos defensores do sionismo insisten repetidamente en que os "esquerdistas" e "progresistas" deben ser identificados co antisionismo, e son inimigos de Israel. Algúns exemplos (de 95 mil atopados no Google):
"Klein é ligado a varios grupos de Extrema-Esquerda e Anti-Sionistas". http://zioncon.blogspot.com/2006/09/clueless-in-kiryat-ono.html
"O Haaretz é o xornal israelí anti-sionista de extrema-esquerda" www.freeman.org/m_online/dec02/plaut.htm
"Este socialista de 22 anos, anarquista, xudeu anti-capitalista, esquerdista e anti-sionista..." www.masada2000.org/list-F.html
"Tome esta, os seus porcos esquerdistas anti-sionistas..."
http://plancksconstant.org/blog1/2006/07/forget_waldo_wheres.html
Eses extremistas que pretenden falar polo sionismo están facendo o traballo da oposición anti-sionista, que montou con éxito un esquema moi simple para identificar o movemento nacional xudeu coas forzas da reacción, "globalización", colonialismo e represión.


Hoxe, nun test de asociación de palabras entre americanos sionistas, "esquerdista" provabelmente suscitaría a resposta "anti-sionista" con maior frecuencia que o contrario. Imaxina ouvir "un dereitista anti-sionista" ou un "neo-conservador anti-sionista"? Soa estraño, pero certamente Mahmoud Ahmadinejad, presidente do Irán, David Duke, líder dos Ku Klux Klan, David Weiss dos Neturei Karta, Osama Bin Laden, Hassan Nasralá, e centos de millóns de outros son todos "Dereitistas Anti-Sionistas", xuntos con xente como Lyndon LaRouche, Patrick Buchanan, James Baker III.


Non é hora xa de que a esquerda sionista saia do armario? Non é o momento xa de reclamar a nosa herdanza? Non é hora de que os sionistas de dereita paren de distorsionar a Historia, deixando de converter o sionismo nun mesianismo xudaico, e paren con ese empeño autodestrutivo de empurrar o sionismo progresista fóra do mapa?


En termos de orientación política mundial, o "sionismo de dereitas" é un contrasentido. O sionismo non pode existir coma movemento reacionario. Sionistas e xudeus terán pouca simpatía ou apoio das compañias petrolíferas, grupos xenófobos europeos e intereses financeiros globais. O sionismo pode até conseguir alí algúns aliados temporais, mais os dereitos dos xudeus non se misturan a causas reacionarias, nin historicamente nin na realidade xeopolítica do Medio Oriente.


É hora de dicir "Somos progresistas porque somos sionistas" e "Somos sionistas porque somos de esquerdas" e non "Somos sionistas apesar de sermos de esquerdas".


(*) Ami Isseroff é editor da MEW-MidEast Web for Coexistence - www.mideastweb.org.

Comentarios