En Israel dáse un caso curioso de comunidades de traballo únicas polas súas especiais condicións e obxectivos politico-sociais. Trátase dos ''Kibbutzim''. O especial do movemento kibbutz de Israel reside no feito de que mentres que incorpora valores anarquistas no seu modo de vida, nunca tivo ningún vínculo real con movementos anarquistas. A literatura anarquista era moi común entre os fundadores do movemento kibbutz, que tiñan unha forte educación teórica socialista. A doutrina de Kropotkin, quen a finais do século XIX formulou a teoría anarco-comunista, influíu na adopción de principios comunais no primeiro "kvutzot" durante a primeira década do século XX.
De xeito semellante as opinións de Tolstoy tamén tiveron unha considerábel influencia nestes círculos. Co establecemento dos grandes kibbutzim [plural de Kibbutz] e a fundación dos movementos kibbutz nos anos 20, a influencia exercida polas opinións de Kropotkin, intensificáronse. Estas opinións loubaban o potencial social do Home e prevían unha sociedade de comunidades independentes unidas federativamente que involucrasen unha combinación de pobo e cidade, agricultura, industrias e obradoiros. Durante o mesmo período, Gustav Landauer e Martin Buber fixeron tamén un contributo significativo ao trasladar mensaxes teóricos anarquistas. Estes dous filósofos influíron profundamente nos primeiros membros de "Hashomer Hatzair" que fundaron o movemento "Hakibbutz Ha'artzi" que se converteu nun dos tres grandes movementos kibbutz.
Dos anos trinta en diante, anos de expansión e de institucionalización dos tres movementos kibbutz e a súa integración na construción e establecemento da comunidade xudea na terra de Israel, os matíces marxistas e socialdemócratas víronse reforzados e o vínculo coas teorías anarquistas viuse debilitado. Entre 1937 e 1939 organizouse un pequeno grupo de mozos anarquistas chamados "os Socialistas Ceibes". O grupo publicou un xornal no que imprimían extractos das obras dos teóricos clásicos anarquistas xunto con información actual sobre as actividades anarquistas na Guerra civil española. Entre os exemplos de vínculo coa teoría anarquista durante os anos seguintes está a publicación das obras de Kropotkin, e tamén a dedicación de tempo de estudo á teoría anarco-comunista en seminarios ideolóxicos do movemento kibbutz.
Debería salientarse que as institucións do movemento kibbutz co establecemento do Estado de Israel, o cal buscaba estar no centro dos esforzos nacionais, evitaron coidadosamente as definicións anarquistas debido aos seus evidentes connotacións perxudiciais [para o estado en canto movemento negador de todo estado]. Máis recentemente, sobre todo dos anos 80 en diante, ocorreu unha mudanza de actitude para a teoría anarquista. Distínguese unha renovada tendencia para a plausíbel contribución da teoría anarquista á consolidación de vida comunal voluntaria que soporta o desenvolvemento libre do individuo. Esta tendencia existe nun limitado círculo intelectual que está preocupado polo pensamento social tan superficial no movemento kibbutz e que busca as novas fontes de inspiración.
Hoxe en día, tamén, a dirección do movemento ten gran precaución no que fai ás definicións anarquistas debido aos mesmos motivos que caracterizaron esta precaución no pasado. (Yaacov Oved, Anarquismo no Movemento Kibbutz) O movemento dos Kibbutzim iniciouse no ano 1909 coa creación do kibbutz Degania. Hoxe existen 369 deles repartidos por todo o pais. A idea destas comunidades é a de crear unha sociedade baseada na igualdade cun espiritu natural de compartir os bens e de colaboracion mutua. A produción principal se basea na agricultura e gandeiría, aínda que co tempo, hai cada vez máis kibbutzim dedicados á industria e á fabricación de diversos produtos innovadores e outros relacionados coa agricultura.
Non todos os kibbutzim son modelo de benestar. En xeral teñen mitificado o traballo e tenden a ter unhas normas moi estritas con castigos para quen as incumpra. A partir da creación do estado de Israel en 1948 os kibbutzim pasaron a ser un dos piares básicos do novo estado. De alí saíron numerosos ministros, militares e presidentes de Israel. Por mor de isto e ao atractivo que exerce a civilización sobre os máis mozos o movemento decaeu. Pero non todo é así. Existen algúns kibbutzim que se saen deste esquema tan pétreo. É o movemento kibbutz verde. Son eles os que están recuperando todo o movemento. Os kibbutzim verdes son un tipo especial de ecoaldeas. Dos kibbutzim actuais salientar o kibbutz Samar, ao sur do país por ser o máis anárquico de todos. Aínda que todos eles en xeral son sen dúbida un modelo ilusionante e con futuro.
Comentarios