NACE A ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL


Por fin, despois de moito tempo dándolle voltas, proximamente terá lugar a constitución oficial da ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL sob seis puntos básicos:
1) Denunciar e traballar contra a banalización do Holocausto

2) Brindar á sociedade galega información alternativa ao “pensamento” único que domina os medios de comunicación ao respecto do conflicto árabe-israelí

3) Crear foros de opinión e debate, tanto nos circuitos culturais do país como na rede de internet para neutralizar e contrarrestar a demonización de Israel e combater argumentalmente a xudeofobia reinante

4) Animar a todos e todas os demócratas con ideas semellantes ás defendidas por esta Asociación para que fagan pública á súa militancia a prol da lexítima causa de Israel, porque ese sempre foi o seu dereito e na actualidade comeza a ser o seu deber.

5) Espallar o inmenso legado ético e cultural do pobo xudeo polo que todo Occidente segue en débeda con eles

6) Rehabilitar o pasado histórico dos xudeos no noso país para que ocupen o lugar que lles corresponde na sociedade galega actual

Se queres ter máis información podes porte en contacto con nós enviando un correo a: galiza_israel@yahoo.es

Comentarios

neshamito dixo…
o que no fai falla son fascistas disfrazados de progresistas que no saben do que falan ou o fan frivolamente,so espero que ista asociacion tire para adiante a pesar dalguns ;).