QUEN SE DEBE DESCUPAR E DE QUE?



QUEN SE DEBE DESCULPAR E DE QUE?

Por Josep Carles Laínez *


Miguel Ángel Ruiz Espínola, un misioneiro católico-romano en Paquistán, explica nunha recente entrevista publicada en www.religiondigital.com, a situación dos cristiáns nese país. É unha testemuña obxectiva, no sentido que nin quita nin pon dramatismo a canto ocorre nun Estado de maioritaria poboación musulmana e onde, segundo enquisas, o sentimento de rexeito a Occidente é menor, por exemplo, que en Turquía. Así e todo, hai un relato en concreto de grande impacto: a descripción do asasinato dun rapaz como consecuencia das algaradas producidas polas famosas viñetas de Mahoma. Deste xove de 18 anos, católico ou protestante, pois o P. Ruiz Espínola atende a ámbalas dúas comunidades, o único crime foi ser cristián. Prefiro non incidir no asañamento dos homicidas co rapaz, xa que, é fácil supoñer, non só se dedicaron a matalo... Tras contar a traxedia, o misioneiro é rotundo: “E depois de todo isto quen nos pide perdón a nós?”. A pregunta é precisa, si, mais, unha vez presentada, estala en miríades de interrogantes: ninguén ten que se escusar por tal vileza? É menos grave o martirio e morte dun mozo (¡de centos, nos países islámicos!) que un simple debuxo, as festas tradicionais dun pobo ou a citación histórica e fidedigna realizada polo xefe do Estado vaticano, polo Papa? Por que estamos calados os cristiáns –e, por extensión, os europeos– e non se denuncia e se esixe aos nosos gobernos que pidan explicacións?... Podemos medrar en rabia e indignación ate chegar á pregunta transcendente: Por que é só Europa quen debe pedir perdón por exercer os seus dereitos, e ademais no seu propio territorio?

Un dereito non admite matices nin conculcacións estranxeiras. Á parte, o de liberdade de expresión é un dos que máis costou obter, alomenos no noso país, e sempre é dos primeiros en ser reprimido cando advén unha dictadura. Arestora, calquera cidadán europeo fai uso del, e, se a algún musulmán lle molesta, corren apresurados tódolos gobernantes arrepentíndose e asegurando que non volverá suceder. Resultan tan patéticos que os mahometáns o tomarán a risa. Aquí tal vez non nos decatemos da gravidade de tales mostras de claudicación, pero non esquezamos que antes da censura está a autocensura e esta si é letal, como mínimo para o libre exercicio do pensamento. Lamentablemente, está a esvarar sobre Europa coma unha pesada capa de nubes. O home corrente non o percebe porque só mira cara ós seus pés; sen embargo, o home con inquietude trata de mirar cara ó alto e lle custa intuir que por encima de televisores, cómodas butacas e viaxes turísticas poida haber algo máis alá, o que xustamente sustenta esa mesma comodidade e optimismo en que vive. As democracias occidentais pretenden disociar a cultura, a tradición e a fe –sobre as cales se asenta Europa e son as xudeocristianas cun amplo pouso grecorromano– dos logros acadados en materia social e económica, así como de respecto para tódalas formas de actuación e de pensar. De aí a súa esquizofrenia, de aí o seu complexo de culpabilidade, de aí o medo.


Todas as semanas hai homes e mulleres, nenos e vellos, asasinados en países islámicos por seren cristiáns. Alguén pode sinalar un parangón en Europa? Se non, que é que non, ¿de que estamos a falar?, ¿que conto nos queren contar?

Josep Carles Laínez


* Josep Carles Laínez (Encamp, Principat d’Andorra, 1970) ven desenvolvendo unha ampla tarefa de creación literaria e artística. Licenciado con grado en Filoloxía Catalana, así como licenciado en Filoloxía Española e en Comunicación Audiovisual, é xefe de redacción da revista Debats, publicada pola Institució Alfons el Magnànim. Anteriormente desendolcou o cargo de Director adxunto da Fundación Valencia Tercer Milenio-UNESCO. Foi profesor visitante na Universidad Nacional Autónoma de México, na Universidad de Puerto Rico e na Hofstra University de Nova York. Artigos seus apareceron en catalán, español, inglés, italiano, alemán e estoniano, así como en diversas linguas minoritarias europeas (aragonés, occitano, romanche…). É membro de pleno dereito do Consello d’a Fabla Aragonesa, máxima institución rectora desta lingua. A súa obra literaria está composta, entre otros, polos poemarios Bel diya (1998), Música junto al río (2001) e Anxia (2001; Premio de Poesía “Ciutat de València” de 2000). No eido da narrativa, editou a novela Alma (1997) e La tumba de Leónidas (2006). O ano 1995 estrenou na Sala Triángulo de Madrid o monólogo Como tú, e posteriormente publicou as pezas Del luxe del ras vora les fraules (1999) y Berlín (2001). En 1998 veu a luz o seu libro de aforismos In Hoc Signo Vinces, que coñeceu traduccións ó estoniano, ó italiano e ó alemán. Construcción metafórica y análisis fílmico (2003) e Ene marginalia (2003) son dous dos seus títulos de ensaio.

Comentarios

Anónimo dixo…
Cool blog, I hadn't come across galiza-israel.blogspot.com previously during my searches!
Continue the excellent work!