QUE SABE VOSTEDE DE SABRA E SHATILA?



Por Gustavo D. Perednik
Cando en setembro de 1970 a OLP, tenta derrocar ao réxime hachemita de Xordania, o rei Hussein mata a milleiros de palestinos e expulsa do seu territorio a Arafat no que se coñece como SETEMBRO NEGRO.

Os grupos armados palestinos refuxiáronse en territorio libanés dende onde, para continuar cos seus ataques contra Israel, implantaron de vagar un mini-Estado propio que xerou tensións étnicas.A poboación cristiá do Líbano resentíase da presenza palestina que poñia en perigo o fráxil equilibrio entre as diversas comunidades dese país e ameazaba con obrigalo a deixar de ser a única democracia do mundo árabe para transformarse nunha ditadura árabe máis, totalitaria e intolerante.A metamorfose demandou unha década. No seu libro “A guerra terrorista de Siria contra o Líbano e o proceso de paz” (2003), Marius Deeb relata minuciosamente como, entre 1974 e 2000, o réxime dos Assad en Siria engulliu ao seu pequeno veciño. (cabe consignar o dominio desa familia sobre Siria xa dende 1969 )

Cronoloxía:
A primeira dunha longa serie de matanzas contra cristiáns, produciuse no mosteiro de Deir Ayach, o 3 de setembro de 1975, onde palestinos asasinaron a tres monxes, Boutros Sassine, Antoine Tamini e Hanna Maksoud.

O mundo non protestou. Os lugareños cristiáns que vivían nas inmediacións fuxiron, e os agresores destruíron a aldea. Os palestinos liderados por George Habash e Nayef Hawatmeh atacaron así mesmo a localidade de Beit Mellat e asasinaron aos aldeáns que caeron nas súas mans. O seguinte ano foi crítico. O 15 de xaneiro de 1976, os palestinos arrasaron Kab Elias, unha aldea mixta (cristiáns e musulmás) no val de Bekaa. Dez días despois, dezaseis cristiáns foron asasinados e vinte e tres máis ficaron feridos.

Os cristiáns comezaron o seu éxodo a Zahlé, Beirut oriental e Jounieh. En polo menos dúas cidades, Damour e Jieh, as bandas palestinas cortaron os dedos de nenos cristiáns para asegurarse de que non puidesen disparar armas. As igrexas de Damour foron profanadas e trescentos habitantes masacrados. Non houbo protestas.

O 19 de xaneiro, a aldea de Hoche Barada foi enteiramente demolida. Outro grupo fundado por palestinos, o Exército do Líbano Árabe, destruíu a cidade de Aintours. Tres cabecillas do grupo recibiron a misión explícita de levar a cabo masacres que sometesen aos cristiáns libaneses ao Estado en formación de Arafat.

Samir Abou Zahr, liderou a masacre en Emir Bechir (onde as vítimas foron asasinadas mentres durmían), Mostapha Sleiman fixo arrasar a cidade de Checa, e Oin Hatoum atacou os cuarteis de Khyam matando a máis de trinta soldados libaneses.

Os cristiáns solicitaban auxilio dun mundo que permanecía silencioso.

E o veciño do norte, que sempre describira ao Líbano como a súa «natural zona de influencia» regodeábase en ouvir ese silencio. As tensións étnicas estendéronse e os drusos, solidarios coa OLP, comezaron a hostigar aos cristiáns. Estes demandaron un alto o fogo, mais o líder druso Kemal Jumblatt non aceptou.

Coa escusa dese rexeitamento, o 31 de maio de 1976, Siria invadiu o Líbano esgrimindo a curiosa explicación de que a súa presenza protexería á minoría cristiá da crecente hostilidade islámica.Unha vez que o exército de decenas de miles de soldados sirios fíxose forte no país, lanzouse a unha operación inversa da anunciada.

Nos bombardeos subseguintes, máis de cincocentos civís cristiáns foron asasinados.

Ao ano seguinte, os sirios mataron a Kemal Jumblatt (16/03/77) e enviaron grupos guerrilleiros para someter ás aldeas cristiás, nas cales máis de mil poboadores foron asasinados. Só en Deir Dourit, devastada por completo, morreron douscentos setenta e tres.

Nin unha palabra de queixa no mundo enteiro.

1978 foi o ano da apropiación siria do país, e o outrora Líbano independente morría asasinado. Sami Khatib, instalado polo goberno sirio como axente de seguridade, foi directamente responsábel da detención, tortura e desaparición de milleiros de libaneses opostos á invasión. Nin unha condena, laio ou queixa de ninguén.

O 27 de xuño de 1978 un escuadrón sirio guiado por Ali Dib arrastrou a vinte mozos nas súas camas nas aldeas de Kaa e Ras-Baalbeck, e fusilounos sen xuízo nin acusación algunha. O obxecto era o control total dunha comunidade na que pervivía o hábito antisirio da liberdade.
Nin a prensa, nin os organismos de dereitos humanos, nin ningún estado condenaron seriamente o episodio!!!

O 1 de xullo, a milicia privada de Rifaat Assad, irmán do presidente sirio, sitiou as zonas que permanecían libres nos suburbios de Beirut e fíxoas bombardear durante cinco días e cinco noites, con canóns e morteiros, cun saldo de máis de sesenta civís mortos e trescentos feridos. Nada. En agosto de 1979, os sirios e palestinos destruíron as aldeas Niha, Deir Bela e Uma, no Norte. Nin unha palabra de ninguén. Os sirios e palestinos xa se impuxeran ao país.

Entre 1980 e 1981 as brutalidades sirio-palestinas estendéronse para rematar con todo foco potencial de resistencia. O 24 de febreiro de 1980,o director da revista Hawadess, Selim Laouzi, foi secuestrado polos sirios camiño ao aeroporto, torturado e asasinado, e o seu corpo mutilado foi achado no bosque de Aramoun.

Nada!. O 23 de xullo de 1980, Riad Taha, presidente da Asociación da prensa, foi asasinado en Raouché.En marzo de 1981, a cidade cristiá de Zahlé foi bombardeada e a monxa Marie Sophie Zoghbi asasinada mentres tentaba socorrer ás vítimas.

Dous mil cristiáns morreron nos bombardeos que seguiron en Beirut do Este, baixo o mando do palestino Ahmad Ismail.

Non houbo reacción.

Un podería pensar que a falta de resistencia de Occidente debíase a que a agresión siria non os afectaba. Craso erro. A desidia continuou cando o ataque afectou directamente a Occidente. O 4 de setembro de 1981, o embaixador francés no Líbano, Louis Delamarre, foi asasinado por sirios. Francia apenas atinou a convocar a París para consultas ao seu embaixador en Siria. Nisto os franceses foron máis rigorosos cós españois. Cando en marzo de 1989 as tropas sirias asasinaron ao embaixador español, Pedro Manuel de Aristegi, xunto co seu sogro e cuñada, España nin
sequera chamou a consultas a ninguén!!!.

Mais sigamos co relato...

En febreiro de 1982 os Irmáns Musulmás desataron unha rebelión islamista contra o réxime de Damasco, na cidade siria de Hama. Sen ningunha vacilación, o exército de Assad illou a cidade, comezou o seu bombardeo xeneralizado a toda a poboación, musulmás e cristiáns sen discriminación.Foron masacradas entre vinte e trinta mil persoas. Nada de nada de nada. Non hai condenas. Ninguén se conmoveu, ninguén protestou!.

O 24 de maio, os sirios atacaron a embaixada francesa no Líbano e asasinaron á súa secretaria de asuntos comerciais, Anna Comidis e a dez persoas máis.

Créase ou non, nada.

O 6 de xuño de 1982, Israel invadiu o Líbano a partir polo sur. Os aldeáns recibiron aos tanques hebreos como liberadores. As cámaras non podían crer o que gravaban cando cristiáns libaneses de todas as idades saían de súas casas para ofrecer flores e alimentos aos soldados israelís.

Non somos inxenuos: non había amor mutuo senón intereses en común. A poboación cristiá creu que así se poría punto final á tiranía terrorista sirio-palestina no Líbano. E Israel emprendeu o que deu en chamarse Operación Paz para Galilea en resposta a morteiros e incursións constantes dos terroristas palestinos, que xa tiñan instalado no Líbano un poderoso exército. Nun deses atentados (marzo de 1978) os milicianos que penetraran a partir do Líbano, secuestraron dentro de Israel un autobús civil, e mantiveron como reféns a trinta e catro pasaxeiros, aos que finalmente asasinaron.

Israel invadiu o Líbano a fin de rematar coa agresión que desde alí se exercía, obxectivo que eventualmente conseguiu por medio de expulsar a Arafat e a OLP (que atopou refuxio no afastado Tunez).

En agosto de 1982, grazas ao clima de menor dependencia de Siria que se sentía desde a invasión israelí, o parlamento libanés elixiu presidente do país ao xefe da Falanxe cristiá, Bashir Gemayel. Para os sirios esta ousadía era un exceso, sobre todo porque sabíase que Gemayel cooperaba con Israel na recuperación da independencia do país.

Un par de semanas despois, o 14 de setembro, no cuartel da Falanxe en Chrafieh, Gemayel foi asasinado por unha carga de explosivos colocada por Habib Chartouni, quen pertencía desde 1977 ao partido prosirio capitaneado por Assad Hardane. Os explosivos foran fornecidos polo xefe de intelixencia siria, Ali Douba. Ademais do presidente, vinteseis persoas morreron no ataque. Os sirios consideraron a Chartouni un heroe.

Os cristiáns, non precisamente.

O xefe da seguridade da Falanxe, Elie Hobeika, decidiu vengar a morte do presidente, nos campamentos palestinos de Sabra e Shatila.

O 16 de setembro de 1982, cen falanxistas penetraron nos campos e mataron a varios centos de civís (as estimacións varían dende trescentos a cincocentos). Os israelís, en cuxa franxa de control se atopaban os campamentos, interviron para deter a masacre cando xa era demasiado tarde.

De todos os nomes de aldeas destruídas que incluín nesta crónica, non me cabe a menor dúbida de que os únicos que resultaron coñecidos ao lector son os de Sabra e Shatila. E aínda que Hobeika nunca se arrepentiu do matanza, índa que os falanxistas vírona sempre coma un acto de aceptábel vinganza, nin estes nin aquel xamais foron reprochados polo mundo.

Dez anos de guerra no Líbano e de xenocida ocupación siria, reducíronse na conciencia de Europa a Sabra e Chatila. A eses dous nomes dedicáronselle películas e libros, manifestacións e condenas. Só a ese acto da guerra no Líbano, dedicoulle incluso Alberto Cortez unha canción do seu repertorio, e Jean Genêt no 1992 un tétrico documental, “Catro horas en Chatila”.

Malia todo, Israel e o Líbano asinaron un tratado de paz o 17 de maio de 1983, do que ao pouco tempo Siria esixiu a súa unilateral anulación.

Ningún medio de comunicación volveu a mencionar xamais ese tratado, que non gozou da aprobación internacional. As matanzas entre libaneses non se detiveron.

En setembro de 1983 máis de cen aldeas na rexión de Chouf foron limpadas étnicamente de cristiáns por tropas drusas. En maio de 1985, milicianos musulmás atacaron novamente o campo de refuxiados de... Chatila! Dacordo con datos oficiais das Nacións Unidas, asasinaron a seiscentos trinta e cinco persoas e deixaron a máis de dous mil cincocentos feridos.Ninguén se queIixou! Nin Alberto Cortez cantou nin as Nacións Unidas se reuniron para condenar. Tampouco cando en outubro de 1990 as tropas sirias mataron en oito horas a setecentos cristiáns máis. Por toda resposta o mundo fixo a vista gorda unha vez máis.

Comentarios