ELOXIO AO MURO.

Por Gabriel Albiac

O muro é defensivo. E deixa constancia dunha derrota. Sempre é así. Pero, cando a derrota xa se produciu, é idiota negar as súas consecuencias. A derrota chámase xudeofobia: ese cancro incurábel do Islam. E non só do Islam.

Israel é un país anómalo. As comparacións aquí son sempre escasamente verosímiles. Israel é un país minúsculo, ao cal todos os seus veciños -todos- esixen borrar do mapa. Non derrotar ou acoutar ou recortar ou marxinar. Borrar.

A opción defensiva de Israel, dende que en maio de 1948 os exércitos árabes violasen a partición poscolonial aprobada pola ONU para Palestina, é sinxela: ou vencer ou desaparecer; ou resistir ou ser aniquilado. Así foi ao longo de máis de medio século. Así segue séndoo no imaxinario islámico. Ate chegar a ese colmo de demencia que fai que o presidente da entidade política cuxo primeiro ministro trata de asinar a paz cos israelís sexa o xefe do exército paralelo -as Brigadas Al-Aqsa- máis empeñado en destruír polas armas calquera atisbo de acordo.

O muro é unha liña defensiva. Hai que estar tolo ou non ter pisado xamais aquela xeografía para non entendelo. Calquera turista pode constatalo, con todo, cun simple paseo. Desde as aforas de Xerusalén, a mirada -sen necesidade de prótese binocular algunha- abarca a totalidade do territorio de Israel. Unha incursión militar exitosa poría -hoxe como en 1948- aos xudeus israelís no mar -a fórmula é a tópica entre os «antisionistas» musulmáns- sen remisión.

Os países árabes que rodean a Israel poden perder un número ilimitado de guerras sen ver ameazada a súa existencia. Unha soa guerra perdida por Israel suporía a súa desaparición. E a masiva matanza dos seus poboadores.

Así son as cousas. Quen finxa -digo finxa- crer outra cousa sabe moi ben a que está apostando: á forma máis canalla da xudeofobia, esa que, avergonzada do antisemitismo derrotado en 1945, disfrázase baixo o respectable título de antisionismo.

Abofé que é moi doado espertar no inconsciente europeo a imaxe do muro de Berlín. As metáforas serven para iso en política: distorsionar o real.

O real. Guste ou non guste. O muro de Berlín servía para impedir aos cidadáns xermano-oriental a fuxida dun réxime quintaesenciada mente totalitario a outro convencionalmente democrático.

O muro que fixará a fronteira real entre Israel e Palestina busca protexer aos cidadáns do único Estado democrático no Próximo Oriente, fronte ao máis longo terrorismo do século último: aquel cuxo programa esixe o exterminio da poboación xudía sobre o seu territorio.

Comentarios

Al Cardoso dixo…
Perdon se nao me faco compreender,

Vim ate aqui atravez do blog "Jiahd", sabe bem ler alguem tam bem elucidativo, continue.

Um abraco, da Lusitanea.