Antes da Segunda Guerra Mundial había na Unión Soviética 3 millóns de xudeus. Perto de 1,3 millóns forosn asasinados na ocupación nazi, pero os xudeus que conseguiron fuxir e que vivían en territorio libre, 1,7 millóns de persoas, fixeron fronte ao fascismo cunha resistencia tenaz man a man cos rusos, ucraninos, tártaros e demais pobos da URSS.
Por Anatoly Korolev
http://www.voltairenet.org/article125083.html
Foi o propio Stalin quen declarou publicamente que a Segunda Guerra Mundial foi fatídica para o pobo xudeu. O 6 de novembro de 1941, nunha intervención durante unha reunión do Mossoviet (o consello municipal de Moscova), Stalin sinalou: «Os hitlerianos realizan pogromos medievais contra os xudeus tan facilmente como o réxime zarista. O partido hitleriano é un partido da reacción medieval e de pogromos antisemitas».
Antes da guerra, había na Unión Soviética ao redor de 3 millóns de xudeus. O avance fulgurante do exército alemán partiu en dous o mundo xudeu. Preto de 1,3 millóns de xudeus estaban nos territorios ocupados e a súa sorte foi horrible. Fisicamente non tiveran tempo de prepararse para resistir. Pero os xudeus que puideron escapar ou que vivían en territorio libre, ao redor de 1,7 millóns de persoas, opuxeron ao fascismo unha resistencia tenaz xunto aos rusos, os ucraínos, os tártaros e os demais pobos da URSS. Non só había soldados e oficiais entre os xudeus senón toda unha serie de estrategas, como o mariscal de cabalaría blindada Mijail Katukov e o comandante da forza aérea Yakov Smuchkevitch, e 270 xenerais e mariscais xudeus no Exército Vermello.
Entre os colaboradores próximos de Stalin había catro ministros xudeus -Lazar Kaganovitch, Boris Vannikov, Semion Guinzburg e Isaac Zaltsmann- que controlaban o transporte ferroviario, as municións, a organización do exército e a produción de tanques de guerra. Os xudeus teñen o mérito de forxar a ideoloxía da guerra. Primeiramente, o pobo soviético estaba desconcertado ante o avance dos alemáns xa que Alemaña era considerada unha aliada irmá no enfrontamento con Gran Bretaña e Estados Unidos.
Entre os colaboradores próximos de Stalin había catro ministros xudeus -Lazar Kaganovitch, Boris Vannikov, Semion Guinzburg e Isaac Zaltsmann- que controlaban o transporte ferroviario, as municións, a organización do exército e a produción de tanques de guerra. Os xudeus teñen o mérito de forxar a ideoloxía da guerra. Primeiramente, o pobo soviético estaba desconcertado ante o avance dos alemáns xa que Alemaña era considerada unha aliada irmá no enfrontamento con Gran Bretaña e Estados Unidos.
En segundo lugar, inspirados no internacionalismo, os soviéticos esperaban ao principio -paradoxalmente!- que os soldados do exército alemán, os obreiros e os campesiños se negaran máis tarde ou máis cedo a loitar contra un Estado socialista e que volvesen as súas baionetas contra os seus propios opresores capitalistas. Urxía rematar con aquela cegueira mitolóxica. O intelectual xudeu Ilya Ehrenburg desempeñou un papel exemplar. Grazas ás súas numerosas viaxes polo mundo, era o único xudeu soviético que coñecía o obxectivo racial daquela guerra. Vivírao cando era correspondente de guerra en España, durante a guerra civil, onde 6 brigadas internacionais, nas que había máis de 6,000 xudeus, combateron ao carón dos republicanos. Para Ehrenburg, España non fora máis que unha especie de trampolín. Viu a invasión alemá como ideólogo convencido do antifascismo. Tiña á súa disposición as columnas de todos os grandes diarios soviéticos - Pravda, Izavestia e Krasnaia Zvezda - así como as ondas da radio. Rexeitando resoltamente as dogmas do internacionalismo, Ehrenburg lanzou a lema «Matar ao alemán!» Á guerra racial, el opuña o mesmo principio racial.
Os seus panfletos militares e os seus artigos conformarían máis tarde todo un volume das súas obras completas. Ehrenburg gozaba dunha inmensa popularidade no país en guerra. A claridade das súas consignas acabou coa confusión internacionalista que reinaba nas mentes. A súa influencia levou a Stalin a tomar a decisión de renunciar á Internacional [que fora até entón o himno soviético] e a proclamar, en 1942, o concurso para a composición dun novo himno. Dúas visións contraditorias do papel dos xudeus na Segunda Guerra Mundial apareceron na historiografía soviética de posguerra. Algúns trataban de minimizar os méritos dos xudeus. Outros facían o contrario co mesmo fervor. Abundaban as ofensas e as acusacións.
O premio Nóbel de literatura Alexander Solzhenitsin tratou de manterse á marxe desa pugna no seu libro sobre os xudeus en Rusia, intitulado 200 anos xuntos. Aínda que a acollida da obra foi amplamente negativa nos círculos liberais, as páxinas dedicadas á guerra pareceron satisfacer a todo o mundo. «Vin xudeus na guerra. Coñecín xudeus valentes. Nunca esquecerei a aqueles dous valentes soldados dunha unidade antitanques: o meu amigo o tenente Emmanuel Mazin e o mozo Boria Gammerov, que aínda onte era un estudante. Os dous foron feridos». Nesa obra de Solzhenitsin soubemos, por exemplo, que fora dos seus colegas escritores, que se enrolaron voluntariamente no exército, como o poeta Boris Slutski e o crítico Lazar Lazarev, quen pasou dous anos nas liñas avanzadas antes de ser ferido en ambos brazos. Solzhenitsin agrega a eses feitos decenas de páxinas que dedica á participación dos xudeus na guerra contra o fascismo.
Os cadáveres calcinados de Hitler e Eva Braun foron descubertos o 4 de maio de 1945 en Berlín, nun cráter de obús ante a Reichskanslei, polos soldados do Exército Vermello Churakov, Oleinik e Serooukh. Eles envolveron os corpos nunha manta, cos dous cans mortos de Hitler, un pastor e un cachorro. Máis tarde, o corpo do fuhrer foi levado a unha clínica de ladrillos vermellos do barrio de Buch, no nordés de Berlín, para unha análise médica legal. Practicaron a autopsia o tenente coronel Kraievski, patólogo do Exército Vermello, e os médicos Anna Marants, Boguslavski e Gulkevitch, baixo a dirección do médico legal en xefe da Primeira Fronte de Bielorrusia, Faust Chkaravski. Teño que dicir a orixe daqueles médicos sería un pesadelo de Hitler.
Comentarios