Dous xeitos de produción agropecuaria na Unión Soviética: Koljós e Sovjós




Por Andreia Ferreiro de Sousa
Avante (órgano oficial do Partido Comunista portugués)

O Koljós (denominación formada por dúas palabras rusas que significan «granxa» e «colectiva») foi establecido por iniciativa de Lenin tras o triunfo da Revolución de 1917, como forma de cooperativa campesiña. O goberno soviético expropiou os inmensos latifundios dos grandes terratenentes e entregou terras a estas cooperativas con «dereito de uso» e non de propiedade, segundo o concepto de que a terra é patrimonio de todo o pobo.


As decisións tomábanse democráticamente en asembleas de koljosianos, quen debian aprobar ou non a admisión de novos membros, así como a expulsión ou outras sancións, baixo o principio dunhas normas iguais para todos. O Consello do koljós nomeaba ao seu presidente e Consello de Administración que podía revogar, e reuníase dúas veces ao mes para fins administrativos da produción. Os membros do koljós recibían como pago unha parte da produción proporcional ao seu traballo, máis o dereito de uso dunha parcela e gando. Cando un koljós deixaba de ser rendible, podíase entón decidir a súa desaparición, nese caso as súas ferramentas, equipos e bens mobles eran entregados a outro koljós xunto coa asignación das terras.
 

Desde finais da década de 1920, coa abolición da «Nova Política Económica» (NEP), o goberno soviético decidiu afortalar os koljoses existentes e estimular a formación de moitos novos, a expensas das pequenas e medianas explotacións privadas que emerxeran durante a NEP. O resultado inmediato non foi exitoso, pois non se cumpriu coas cotas de produción que se fixaran.

POLÍTICA DE ESTADO


A partir de 1945, estableceuse a intensa modernización no campo para así incrementar a produtividade, considerando que ao empezar a Guerra Fría debíase poder proporcionar unha «seguridade alimentar» con pleno autoabastecemento de toda clase de produtos agrícolas, pecuarios e piscícolas. Así, establecéronse mecanismos que estimulaban a produtividade, incentivando a competencia entre koljoses. Nesta época, a súa produción chegou a ser abundante e moi variada: vexetais, cereais, carne, peixe, e outros produtos.

O Sovjós (granxa estatais), era unha explotación agrícola baixo a administración directa do Estado, a través dun consello administrativo que decidía sobre o uso dos medios produtivos, os salarios e outros asuntos. Aínda que hai precedentes na época de Lenin, a súa masificación tivo lugar rapidamente coa colectivización e o fin da NEP a partir de 1929.
 


Os traballadores nos sovjoses recibían un salario regulado, e eran considerados como traballadores e non como campesiños. Tratábase, en resumidas contas, dunha empresa agroindustrial do Estado mentres o koljós era unha cooperativa popular. Esta diferenza conlevaba por exemplo que fronte aos koljoses, os sovjoses tiñan a súa fonte de financiamiento era o propio Estado, aínda que se lles demandaba procurar o seu autofinanciación. Este feito implicaba acceso a máis e mellores maquinarias, ferramentas, equipos, abonos e subministracións en xeral, polo que os sovjoses regularmente resultaban máis produtivos; isto levou a que en algúns koljoses decidisen a súa autoliquidación e a súa transformación en sovjoses.

Comentarios