A preocupación pola presenza dos dron iranís en Siria (Debka)



O Saegheh de Irán non é un UAV ordinario, é o avión non tripulado da Garda Revolucionaria Iraniana para ataque e captación de intelixencia. Fixo o seu debut fóra de Irán este sábado 10 de febreiro, cando deslizouse no espazo aéreo israelí, primeiro virando cara ao leste cara a Xordania. Ate entón, o Saegheh (Treboada) non era xeralmente coñecido por alcanzar a fronte de guerra siria. Despois de ser derrubado case intacto por un helicóptero Apache israelí, avións da Forza Aérea Israelí bombardearon o vehículo de mando do avión non tripulado no centro de Siria, na base T-4 preto de Palmyra, que comparten Irán e a forza aérea rusa.

A velocidade deste contraataque confirmou que a intelixencia israelí rastrexara ao avión non tripulado desde o intre mesmo no que saíu ao aire desde T-4 e estaba en modo de espera para atrapalo.

O prezo da operación foi pagado pola exposición dos cazas F-16 do IAF ao fogo da defensa aérea siria. Dous pilotos dun dos avións tiveron que exectarse do avión impactado - ao parecer por mor da metralla dunha explosión moi próxima - sobre o norte de Israel. Un deles estase recuperando no hospital dunha lesión grave, o segundo foi levemente ferido.

O dron infiltrado formaba parte dunha frota completa de vehículos aéreos non tripulados avanzados e armados Saegheh que se atopaban na base T-4. A segunda onda de ataques aéreos israelís contra 12 obxectivos sirios e iranianos diezmou esta frota. O máis importante é que a intrusión do dron e as súas secuelas expuxeron que o incidente non foi un feito illado, senón que formaba parte dun calculado complot iraniano contra Israel ao máis alto nivel, que ademais foi coordinado de antemán coa forza aérea rusa, que comtrola o uso de T-4, e cos sistemas de defensa aérea sirios, que operan sob o mando ruso. É igualmente importante observar que Irán trouxo os seus UAV Saegheh a Siria co consentimento de Moscova.

Isto pode explicarse pola procedencia única do dron.

Nun longo e arduo proceso de enxeñaría inversa, a industria armamentista iraniana copiou algúns dos compoñentes do avión non tripulado máis secreto da CIA, o RQ-170 Sentinel, despois de ser interceptado e capturado sobre Irán en decembro de 2011. O avión non tripulado estadounidense, armado e capaz de detectar probas nucleares clandestinas, é cualificado como o mellor UAV do seu tipo en funcións. Teherán afirmou que interceptara o voo do RQ-170 ao tomar o control das comunicacións por satélite que gobernaban o rumbo do dron. Isto foi negado vehementemente por Washington. Neses momentos, as fontes de intelixencia de Debka revelaron que os responsables da fazaña de manter intacto ao interceptado dron americano non foron os ciberexpertos iranianos, senón os chineses.

Os rusos estaban ansiosos por ver as marabillas do avión non tripulado estadounidense, pero os iranianos negáronse a darlles acceso. Oito anos despois, terán a súa oportunidade en Siria. Finalmente, confírmase que Irán fíxose co RQ-170 estadounidense polas evidencias do dron iraniano capturado por Israel. Pero mentres tanto, Irán, ao despregar unha frota de drones Saegheh armados con mísiles en Siria, non só intensificou a súa ameaza contra Israel, senón que tamén expuxo un duro desafío rexional aos Estados Unidos. Se un destes avións non tripulados se pode usar contra Israel, por que non contra as forzas estadounidenses no Oriente Medio ou Arabia Saudita? O xefe da Garda Revolucionaria Brig. xeneral Hossein Salami non fixo ningún comentario respecto diso o sábado, cando declarou que Irán tiña o poder militar "para destruír todas as bases estadounidenses na rexión".

A traxectoria do sixiloso dron iraniano a través de Xordania foi reveladora. Voou dende Palmyra ao longo da fronteira oriental de Siria con Iraq sen ser detectado pola vixiancia militar estadounidense. Cando chegou ante a guarnición estadounidense-xordana de Tanf, no triángulo sirio-iraquí-xordano, virou á dereita cara ao norte de Xordania e logo cruzou a fronteira para sobrevoar Beit Shean. Noventa segundos despois, os Apaches israelís levaron a cabo a súa intercepción, pero non antes de que o Saegheh desencadease a primeira escaramuza militar directa entre Israel e Irán.

Irán perdeu un moi valioso dron armado, pero estivo no aire o tempo dabondo para reunir moita información sobre os sistemas de radar e defensa aérea estadounidenses, xordanos e israelís nas fronteiras siria, xordana e iraquí, así como sobre os seus recursos antiaéreos e capacidade operativa dos mísiles. O IDF anunciou o domingo o impulso dos seus sistemas de defensa aérea no Norte.

Comentarios