Razóns legais, morais e estratéxicas para que Estados Unidos apoie ao Kurdistán

Unha muller ondea a bandeia de Kurdistán nun festival en Erbil en setembro. Foto: Sartip Othman / Rudaw

Por Jared M. Hill
Publicado na web kurda RÚDAW

Para a miña absoluta decepción, Estados Unidos aínda non deu o seu apoiou pleno á independencia kurda. A última vez que escribín, expresei o meu apoio a un Kurdistán independente baseado no meu coñecemento persoal e a miña estreita relación con ese pobo incrible. A seguir exporei, segundo o meu leal saber e entender, por que Estados Unidos debe apoiar a independencia kurda. Os meus argumentos son legais, morais e estratéxicos.

O caso legal baséase no segundo parágrafo do artigo 140 da Constitución iraquí. Establece que o goberno iraquí, no ano 2007, debería ter celebrado un referendo nas áreas disputadas de Iraq para que a poboación local puidese determinar o seu propio status coma parte da rexión do Kurdistán, ou como parte doutra comunidade iraquí. Isto non sucedeu. Bagdad, a principios deste ano, acordou reactivar o artigo 140 , pero finalmente máis unha vez non o fixo.

Posteriormente, Erbil celebrou en setembro deste ano un referendo de independencia en todo Kurdistán. Poderíase argumentar que isto foi moi drástico. Talvez Erbil podería celebrar un referendo máis restrinxido só para os residentes nas rexións controladas polos Peshmerga para determinar se querían ser parte da autoridade rexional do Kurdistán. Con todo, coma estadounidenses, non sabemos que: "Cando no curso dos acontecementos humanos faise preciso para un pobo disolver os vencellos políticos que o ligaron a outro e tomar entre as nacións da Terra o posto separado e igual a que as leis da natureza e o Deus desa natureza danlle dereito." especialmente cando as leis que os unen nunha constitución debidamente ratificada foron radicalmente e expresamente ignoradas.

Bagdad ademais danou o seu aval legal ao usar a forza militar para reprimir a voz do seu pobo, especialmente ao usar milicias estranxeiras para levar a cabo o seu traballo sucio. Non é isto como usar "mercenarios estranxeiros para completar as obras de morte, desolación e tiranía?" Podería continuar, pero isto será dabondo polo momento.

O caso moral para o Kurdistán descansa sobre moitas facetas, pero dous para os propósitos deste artigo serán suficientes. Primeiro, cando o mundo permaneceu de brazos cruzados e o propio exército que agora reprime aos kurdos deu media volta e fuxiu do campo de batalla, os kurdos puxéronse de pé ante o mal absoluto perpetrado por ISIS. Os kurdos apresuráronse a axudar e protexer onde o exército iraquí fallou estrepitosamente. Os Peshmerga acollían, protexían e liberaban ás minorías étnicas e relixiosas. Como tal, os kurdos teñen unha elevada posición moral sobre Bagdad.

Segundo, os kurdos foron durante moito tempo aliados fieis lle de Estados Unidos. Eles apoiaron a Estados Unidos na “Treboada do Deserto” e na Guerra de Iraq. Actuaron como as nosas forzas de terra máis efectivas en contra do ISIS en apoio da nosa axenda política na devandita guerra. Algúns poden argumentar contra Kurdistán dicindo que Ankara é o noso aliado e que Bagdad é o noso amigo. Para iso, digo eu. Cando foi a última vez que Ankara realmente apoiou os intereses estadounidenses? O goberno e a súa xente ameazaron e esixiron o final dos nosos acordos para poder utilizar a base aérea Incirlik. Iso é o que fan os aliados? En canto a Bagdad, non son simplemente un réxime monicreque de Irán?

A causa xusta para Estados Unidos é apoiar aos kurdos, os nosos verdadeiros amigos, nese alto nivel moral que aproveitaron ao combater o terror da bandeira negra do ISIS.

O caso estratéxico é simple. Estados Unidos necesita un verdadeiro socio na rexión á parte de Israel, porque as súas mans están ligadas politicamente. Un Kurdistán libre e independente pode ser iso. Pode actuar como un baluarte contra a expansión imperialista do poder iraniano na rexión. Ademais, coa ameaza turca de pechar a base de Incirlik, non podería iso abrir unha negociación con Erbil para proporcionar outro control sobre o poder de Irán na rexión? Eu diría que si.
Ver orixinal en RÚDAW: http://www.rudaw.net/english/opinion/28102017

*Jared M. Hill é capitán do Exército de EE.UU. Serviu en Iraq de 2007 a 2008 e recibiu unha Estrela de Bronce polo seu servizo. 

Comentarios