Por Shlomo Ben Ami
Os kurdos (habitantes dunha rexión montañosa que inclúe partes de Armenia, Irán, Iraq, Siria e Turquía) son o maior grupo étnico nacional do mundo sen un Estado que poidan chamar propio. Xa é hora de que iso cambie.
Este pobo leva desde principios do século XX reivindicando a formación dun Estado, sendo brutalmente reprimidos. Pero hai boas razóns para que Estados Unidos, especialmente, promova a creación dun territorio nacional para os kurdos. Razóns que o indispensable apoio das milicias kurdas na derrota de Estado Islámico (ISIS) contribúe a reforzar. A verdade que o establecemento dun "gran Kurdistán" formado por todas as áreas de maioría kurda segue sendo un imposible. Se a política interna kurda por si soa non o impedise, hai condicionamentos xeoestratéxicos que certamente si o farían.
A independencia kurda é particularmente inviable en Turquía. O principal representante dos kurdos nese país, o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), propulsor dunha variante de nacionalismo claramente secular e marxista, leva décadas combatendo ao Goberno turco. Pero este, liderado polo presidente Recep Tayyip Erdogan, non cedeu no seu compromiso de impedir a creación dun Estado kurdo, ate o punto de que o fundador do PKK, Abdullah Öcalan, agora se conforma con menos que a independencia.
A determinación de Erdogan de frustrar os desexos do PKK é tan forte que tamén se marcou o obxectivo de evitar que os kurdos de Siria convertan en soberanía as súas vitorias militares contra o ISIS. Erdogan teme que se o acadasen, os kurdos de Turquía poderían ver niso un aliciente para reactivar a súa propia loita independentista no sueste turco. Este temor a un avance nacionalista impulsa a campaña de Erdogan para a creación dun cordón ao longo da fronteira turca ate o interior do territorio que agora controlan os kurdos sirios.Este pobo leva desde principios do século XX reivindicando a formación dun Estado, sendo brutalmente reprimidos. Pero hai boas razóns para que Estados Unidos, especialmente, promova a creación dun territorio nacional para os kurdos. Razóns que o indispensable apoio das milicias kurdas na derrota de Estado Islámico (ISIS) contribúe a reforzar. A verdade que o establecemento dun "gran Kurdistán" formado por todas as áreas de maioría kurda segue sendo un imposible. Se a política interna kurda por si soa non o impedise, hai condicionamentos xeoestratéxicos que certamente si o farían.
A independencia kurda é particularmente inviable en Turquía. O principal representante dos kurdos nese país, o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), propulsor dunha variante de nacionalismo claramente secular e marxista, leva décadas combatendo ao Goberno turco. Pero este, liderado polo presidente Recep Tayyip Erdogan, non cedeu no seu compromiso de impedir a creación dun Estado kurdo, ate o punto de que o fundador do PKK, Abdullah Öcalan, agora se conforma con menos que a independencia.
Pero para a comunidade kurda en Iraq, representada polo Goberno Rexional Kurdo (GRK), a creación dun Estado é un obxectivo alcanzable. O GRK é unha entidade cuasisoberana, que controla un exército moi eficiente e unha economía independente, e aínda que está infestado de corrupción e amiguismo (como calquera outra organización política na rexión), é o único Goberno realmente funcional en Iraq, con mando sobre as áreas máis pacíficas e estables do país.
A forte posición do GRK non escapa ao seu dirixencia. O gobernante Partido Democrático do Kurdistán planea celebrar en setembro un referendo para a independencia; pero unha vitoria ampla do separatismo non lle aseguraría o éxito, a menos que Estados Unidos dea todo o seu apoio ao GRK (prooccidental) e á iniciativa independentista. Tras 14 anos dunha intervención militar errada en Iraq, Estados Unidos debería admitir que "un Iraq unificado, estable, democrático e federal" (como expresou hai pouco unha portavoz do Departamento de Estado) é unha quimera. Despois da invasión estadounidense de 2003, o sistema político iraquí polarizouse ao redor de divisións sectarias, e a maioría xiíta gobernante marxinou aos sunnitas, kurdos incluídos. De feito, a exclusión dos sunnitas foi unha das razóns principais do xurdimento de ISIS.
Hoxe Iraq é na práctica un territorio baixo tutela de Irán. Para consternación de kurdos e outros iraquís sunnitas, boa parte do baleiro que deixou detrás o ISIS están a enchelo milicias xiítas controladas polos Gobernos iraquí e iraniano (por exemplo, Hashd al-Shaabi).
A experiencia do sucedido en Iugoslavia demostra que cando as tensións étnicas ou relixiosas estoupan, a separación pode ser a mellor forma de lograr paz. E un Estado kurdo ten opcións reais de prosperar: un Kurdistán independente pode atopar a forma de combinar a abundancia de recursos naturais cunha tradición de gobernación estable e pragmática para crear unha democracia sustentable, o que equivalería a unha vitoria para as forzas prooccidentais en Oriente Próximo.
Isto podería ser aceptable mesmo para Turquía. Os Gobernos estadounidense e turco coinciden en distinguir aos kurdos de Iraq dos de Turquía, para os que a opción soberanista non existe. De feito, o Goberno de Erdogan ve ao GRK como contrapeso ao PKK en Turquía, e mantén con el unha relación sólida (do que dan evidencia unha recente ampliación do comercio bilateral e o tendido de oleodutos entre o Kurdistán iraquí e o territorio turco). Ademais, agora que o presidente Donald Trump retirou o apoio militar estadounidense aos rebeldes sirios (co que na práctica entregou o país a Rusia e Irán), o Goberno sunnita turco necesita máis que nunca instalar un cordón estratéxico contra o Iraq e a Siria sunnita.
Na actualidade, o Goberno de Trump (por non falar do Goberno nacional iraquí, liderado polo primeiro ministro Haider al-Abadi) asegura que o referendo kurdo pode desestabilizar a Iraq (e moito máis unha secesión). Hai quen sostén que mesmo podería levar a que na elección do ano próximo os votantes elixan un Goberno xiíta máis radical e moito menos permisivo cara aos kurdos. Pero o apoio estadounidense pode evitar que iso suceda. Na práctica, a creación dunha auténtica alianza sunnita, que inclúa un Kurdistán independente, redunda en interese de Estados Unidos. Alianza que se podería reforzar coa presenza dos palestinos, que levan demasiado tempo no lado perdedor do xogo estratéxico de Oriente Próximo.
Ao Goberno de Trump interésalle conter a influencia do eixo Rusia-Irán-Hezbollah en Oriente Próximo, pero para iso non lle bastará dar máis armas a Arabia Saudita ou aos seus aliados sunnitas. Respectar o anhelo de liberdade, democracia e gobernación eficaz expresado por pobos marxinados e oprimidos (empezando polos kurdos) segue sendo esencial para que Occidente deixe un sinal duradeiro no futuro da rexión.
*Shlomo Ben-Ami, ex ministro israelí de Asuntos Exteriores, é vicepresidente do Centro Internacional de Toledo para a Paz e autor do libro Cicatrices de guerra, feridas de paz: a traxedia árabe-israelí.
Comentarios