Por Toni Tena
Divagaciones Babélicas
Algunhas linguas desdichadas e pasadas a mellor vida contan con falantes ilustres: Tuone Udaina no caso do dálmata, Dolly Pentreath no que respecta ao córnico ou Ned Maddrell cando se fala do manés. Todos eles pasaron efectivamente á historia da lingüística por tratarse dos derradeiros falantes nativos dos seus respectivos idiomas. Ben-Zion Ben-Yehuda, con todo, é toda unha rara avis da sociolingüística, pois será por sempre lembrado por todo o contrario: ser o primeiro falante nativo dun idioma, neste caso, o hebreo moderno.
Divagaciones Babélicas
Algunhas linguas desdichadas e pasadas a mellor vida contan con falantes ilustres: Tuone Udaina no caso do dálmata, Dolly Pentreath no que respecta ao córnico ou Ned Maddrell cando se fala do manés. Todos eles pasaron efectivamente á historia da lingüística por tratarse dos derradeiros falantes nativos dos seus respectivos idiomas. Ben-Zion Ben-Yehuda, con todo, é toda unha rara avis da sociolingüística, pois será por sempre lembrado por todo o contrario: ser o primeiro falante nativo dun idioma, neste caso, o hebreo moderno.
O caso do estado de Israel- e o da
normalización do hebreo moderno- supón un caso único na historia
sociolingüística. Por unha banda, pola intrincada historia, antiga e moderna,
da comunidade xudía. Por outro, pola relativa importancia numérica da súa
comunidade lingüística e o elevado valor cohesionador do hebreo para os
diferentes pobos xudeus.
Os primeiros textos escritos en
hebreo son os textos bíblicos do período que vai do 1200 á 200 AC. Aínda e así,
a partir do século III deixou de ser a lingua de uso habitual do pobo xudeu.
Cabe dicir, así mesmo, que a lingua hebrea nunca foi utilizado por ningún pobo
distinto do xudeu. A pesar de todo, o hebreo clásico xamais deixou de ser lido
e escrito. Certos ámbitos (sobre todo o relixioso) mantiveron o seu uso
simbólico ao longo dos séculos; mentres tanto, o arameo, o grego, o yiddish, o
castelán, o inglés, o ruso e outros idiomas foron aos poucos converténdose nas
linguas das diferentes comunidades xudías.
A recuperación do hebreo comezou a
xestarse no século XIX cando empezaron a fundarse en diferentes países europeos
(especialmente en Rusia) sociedades lingüísticas, á vez que se publicaban
revistas e libros no idioma sacro, abríanse escolas e establecíase, en síntese,
unha auténtica infraestrutura de ensino e uso da lingua hebrea. Co paso do
tempo, o hebreo comezou a ser unha lingua tamén de uso coloquial.
Os primeiros xudeus establecidos en
Palestina por mor da Aliyá (retorno á Terra Santa) decidiron utilizar o hebreo
como lingua familiar e de relación. Eliezer Ben-Yehuda, xudeu lituano, foi o
home crave que concibiu a vernaculización do hebreo ao introducir as bases
lingüísticas para a modernización do idioma en 1892 e ao aprenderllo ao seu
fillo Ben-Zion Ben-Yehuda, considerado o primeiro falante nativo de hebreo
moderno. Tal foi o labor de inmersión lingüística por parte de Ben-Yehuda pai
para co seu fillo, que se di, entre outras anécdotas, que un día recriminou
fortemente á súa muller ao sorprendela cantando unha nana en ruso ao bebé.
Por entón a sorte do hebreo xa
estaba botada. Durante as primeira e segunda Aliyás fóronse establecendo ao
longo e ancho de todo Israel escolas hebreas, nas que as novas xeracións
educaríanse completamente no devandito idioma. Así mesmo, en 1909 fundouse a
primeira cidade cento por cento hebrea: Tel Aviv.
En 1927 viu a luz a
Universidade Hebrea de Xerusalén, grazas á cal o idioma tomaría un cariz aínda
máis académico. O proceso de recuperación culminou en 1948, ano en que o hebreo
foi proclamado lingua oficial do recentemente independinzado Estado de Israel.
Deste xeito o idioma adquiriu un valor instrumental e integrador nunha
sociedade multilingüe como a israelí, posto que fixo as veces de interlingua
superadora da diversidade de grupos que se integraron no novo estado, aínda que
non sempre dunha maneira demasiado ortodoxa- a moitos xudeus que falaban outros
idiomas adoitábaselles increpar con eslogans tales como: Xudeu, fala hebreo!.
A recuperación do
hebreo como lingua usual do pobo xudeu considérase como un feito extraordinario
dentro do ámbito sociolingüístico, pois se trataba, nin máis nin menos, de
volver a empregar unha lingua que caera en desuso dous mil anos atrás... e
conseguiuse. O hebreo é hoxe en día a lingua cotiá do pobo de Israel. Todo un
exemplo a seguir para calquera departamento de planificación lingüística no
mundo.
Fonte: DIVULGACIONES BABELICAS
Fonte: DIVULGACIONES BABELICAS
Comentarios