«¿Es justo que los judíos tengan su Estado propio en Palestina? Mil veces justo»: El Partido Comunista y la creación del Estado de Israel
«¿Es justo que los judíos tengan su Estado propio
en Palestina? Mil veces justo»: El Partido Comunista de la Argentina y la
creación del Estado de Israel
É o suxerente título dun moi interesante traballo da profesora Mercedes Saborido no que revisa a visión do Partido
Comunista da Arxentina, (manifestada tanto nos órganos de prensa partidarios,
coma nas opinións dos dirixentes máis destacados), a propósito da creación por
mandato de Nacións Unidas no ano 1948 do Estado de Israel e da guerra de
independencia israelí. En particular, preocúpase Mercedes Saborido de salientar
o discurso empregado polo comunismo arxentino (en sintonía co comunismo
internacional) á hora de legitimar, avalar e apoiar a creación dun estado xudeu
na Palestina do Mandato británico e a súa visión con respecto ao mundo árabe e
ao imperialismo británico da época.
Un exemplo do posicionamento comunista podémolo atopar con motivo da creación do Estado de Israel, cando o
Partido Comunista arxentino publicou unha declaración do Comité Central do
partido, titulada: "Con motivo de la proclamación del Estado judío en
Palestina".
No comunicado manifestaba a ledicia dos
comunistas co pobo xudeu, asociando a súa vitoria non só ao pobo xudeu senón
tamén á "democracia consecuente en todos los países del mundo" e engadía: (…)
la perfidia inglesa no fue suficiente para impedir que el 14 de mayo se
propalase por radiofonía la proclama de Ben Gurión en nombre del primer
gobierno de Eretz Israel, sobre la independencia del Estado judío… abierto a la
inmigración de todos los judíos en diáspora, basado en la plena igualdad, sin
distinción de razas, sexo o credo, que se compromete a garantizar la libertad
de conciencia, de culto y de educación”
Na seguinte ligazón podedes descargar de balde o traballo en formato pdf
http://www.ehu.eus/ojs/index.php/HC/article/download/12779/11559
Comentarios