Contra a normalidade antisemita (Ökologische Linke / Esquerda Ecoloxista)



  
O antisemitismo en Austria non é un fenómeno illado propagado só por alguns vellos neo-nazis, senón que representa unha parte integral da sociedade postnazi neste país.

Así coma o racismo, o antisemitismo forma a base inmanente de cada sociedade burguesa capitalista. En última instancia, a formación da identidade do suxeito burgués lógrase non sobre o suxeito mesmo, senón só sobre a permanente demarcación de presuntos seres inferiores e presuntos seres superiores. Contra os presuntos seres inferiores arremete o racismo, e contra os presuntos seres superiores o antisemitismo.

As virtudes burguesas da moderación queren contraporse a estes supostos seres superiores e inferiores.

O suxeito burgués quere representar entón coma a mestura perfecta entre o “abstracto” que ese suxeito burgués asígnalle aos xudeus, e o “natural e instinctivo” que lle asigna a africanos e a outros “seres inferiores”.

Esa estrutura base de pensamento antisemita non tivo tanta expansión noutra parte do mundo como en Alemaña e en Austria. Aquí uníronse o antisemitismo cristián, o antisemitismo racista, e a minuciosidade alemá, resultando así un antisemitismo eliminatorio que levou finalmente ao máis devastador exterminio en masa na historia dos xudeus. Só aquí, austríacos e alemáns lograron a eliminación industrial en masa de millóns de seres, cunha sistematización única.

E nisto, non só participaron o Estado ou o aparello de partido, senón a comunidade mesma, que só por medio do crime cometido en colectivo converteuse na comunidade que quería ser. Após 1945 sucedeu o que sucede sempre con bandas de criminais: “eu non fun”. Pero mentres aos alemáns sinxelamente ninguén lles creu, estes tiveron que, quixesen ou non, falar sobre como “superar” ese pasado. Eles “superaron” tanto como era necesario para converterse, como moi tarde con Schröder, de novo nun “país normal”.

Os austríacos non tiveron necesidade disto, aínda que non se lles creu, aceptóuselles por oportunismo, as grandes mentiras da Segunda República: “Austria como a primeira vítima do Nacionalsocialismo”, pois a Guerra Fría fíxose pronto máis importante que unha consecuente desnazificación.

Esa comunidade postnazi en Austría, que se consolidou co crime colectivo, non puido soportar unha reevaluación da historia semellante. Historiadores que tratan o tabú do crime colectivo, ou pequenos grupos políticos que remiten ao tema do exterminio en masa realizado e á participación de austríacos, e sobre todo, as vítimas e os seus descendentes que solicitan indemnización ou polo menos un perdón, foron e son vistos como “traidoras á patria”. Deste xeito puido sobrevivir despois de 1945 unha prolongación do antisemitismo no noso país, que frecuentemente leva a “deslizes verbais” inimaxinables.

Non só escóitase con frecuencia a expresión “xudeu de merda” nas cantinas, aínda nos anos 60 este termo foi normal escoitalo en boca de importantes políticos do ÖVP (conservadores).

A ÖVP mesmo utilizou o antisemitismo reinante na súa campaña proselitista contra o ex-chanceler Kreisky (socialdemócrata), quen era de ascendencia xudía, pegando cartaces do seu candidato que dicían: “Un verdadeiro austríaco”, e aínda por riba o mesmo Kreisky máis tarde instumentalizou prexuízos antisemitas en contra de Shimon Wiesenthal.

Nunca foron convidados a regresar os emigrado xudeus, e aos que volvían pola súa propia conta, fíxoselles a vida imposible. A igrexa católica puxo fin aínda nos anos 90 á peregrinación ao “Anderl von Rinn” unha lenda antisemita de asasinato ritual no Tirol.

Non se nomeou aínda a constante política antisemita do partido que substituíu ao “3. campo” (nacionalsocialistas), o VdU que logo se convertese en FPÖ. Neste partido, máis que nos outros, permitíuselles sen impedimento aos vellos membros do NSDAP (Partido Nacionalsocialista) continuar a súa carreira política. Funcionarios da Unión Antisemita puideron no VdU e logo no FPÖ ascender a postos importantes, como tamén criminais de guerra e outros grandes nazis.

Non é de estrañar entón, que nesta Austria postnazi cunha democracia postnazi, impere un clima no que cando se trata o tema da participación dos austríacos no Holocausto, se reaccione cun antisemitismo subordinado [1]. Primeiro o silencio sobre o Holocausto, e logo o reproche por destapar esa vella historia a quen a partir do escándalo Waldheim quixeron falar do Holocausto.

O reproche polo seu pasado na guerra e as súas propias respostas antisemitas a eses reproches foron os que finalmente trouxeronlle o triunfo a Waldheim nas eleccións presidenciais de 1986. Tamén o ascenso da FPÖ estivo siermpre acompañado de cartaces e declaracións de connotación antisemita. A FPÖ tamén fixo referencia aos cateis anti-Kreisky nas eleccciones de 1999 “Dous verdadeiros austríacos”, insinuando o que os austriacos moi ben entendemos: Que estes candidatos NON eran xudeus! Durante as campañas electorais e sobre todo despois do éxito do FPÖ en outubro do 1999, aumentaron en grande escala os abusos contra a comunidade xudía en Austria, segundo testemuño da Comunidade Israelita de Viena. E logo, co novo goberno ÖVP-FPÖ, a parlamentaria da FPÖ, Partik-Pable, esixiu que no futuro, os que presten servizo civil (servizo sustitutorio ao servizo militar) só se empreguen para o transporte de enfermos ou similares, no canto de envialos “a limpar placas conmemorativas en Jerusalem”. Unha ofensa aberta, contra o servizo conmemorativo, pois os que prestan servizo sustitutorio tiñan a posibilidade de desempeñar o seu servizo en sitios de conmemoración ao Holocausto e en instalacións xudías.

Pero en Austria non só o antisemitismo aberto está sempre presente. Tamén existe un antisemitismo estrutural, o cal caracteriza unha similitude estrutural entre a argumentario antisemita e unha crítica incompleta ao capitalismo, que desgraciadamente tamén é promovido por unha boa parte da esquerda.

A ecuación xudeus = diñeiro que vén da Idade Media seguiu sendo utilizada polo movemento dos traballadores, con Proudhon ou Lassalle. No antisemitismo de Proudhon novamente postúlase a diferenza da esfera da circulación e a esfera da produción. É alí onde a crítica ao capitalismo queda curta pois só se critica á circulación. Aos xudeus relaciónaselles máis ou menos abertamente coa criticada circulación.

Tamén en Marx - sobre todo no seu escrito “Sobre a cuestión Xudía” - atópanse posicións antisemitas, aínda que el nunca chega a unha argumentación antisemita completa, fundamentalmente, el non postula unha separación básica entre a circulación e a produción. Unha atribución dos xudeus ao espazo da circulación utilizando basandose en Marx é imposible.

De todos xeitos, atópanse frecuentemente masivas semellanzas estruturais co antisemitismo dentro da esquerda tradicional marxista, anarquista e feminista. Especialmente a personificación do capital leva con frecuencia a esas semellanzas estruturais. No tradicional marxismo de masas non se tenta destinar e abolir a sociedade capitalista na súa totalidade, senón só guiar un momento dentro desa constelación, que está en contradición coa sociedade e que se debe orientar para que chegue “ao seu dereito”.

A categoría do “valor” que constitúe as relacións do capital, fica fóra de calquera análise crítica e aparece só na figura da plusvalía, que lla queda o/a capitalista, ou sexa, é tomada como categoría positiva que debe ser adquirida.

Lóitase entón non en contra do capitalismo, senón en contra dos “capitalistas”. Segundo esta concepción, existe unha clase de capitalistas “malos” fronte a unha clase de traballadores “bos”, e abonda con que a clase dos traballadores lle arrebate o capital e os medios de produción aos capitalistas.

No traballo político concreto destes grupos, é suficiente entón, porse ao lado da clase traballadora e axudala a lograr os seus dereitos.

Novamente cuéstionase soamente a esfera da circulación e non a da produción. O capitalismo enténdese entón só como “problema de repartición” no que os “malvado ricos” reteñen o salario xusto aos “pobres explotados”.

Que a inxustiza non fose unha característica do sistema, senón que tivese nome e dirección, ou sexa que o capitalismo non fose máis que a conspiración dalguns ricos malvados é un vello mito nun amplo sector da esquerda. O capitalismo non sería entón, máis que un complot de alguns ricos malvados.

A idea dese poder omnipresente e ominoso que representa a parte escura da modernidade, non é invento dos nazis, senón de antes: “os xudeus son a nosa desgraza” (Treitsche) pregoaba a finais do século XIX nunha ampla parte da sociedade.

O curto e incompleta análise sobre o capitalismo de Lenin, (ver: “O imperialismo como último estadio do capitalismo”) ten claras paralelas co antisemitismo moderno. Este non se presenta hoxe só en grupos leninistas e antiimperialistas.

Xusto nos últimos debates sobre o tratado de MAI e sobre a globalización, están de novo de moda similitudes e paralelas coas teorías antisemitas da conspiración mundial. Agora de repende tamén a esquerda defende a estado-nación.

Agora xa non só é só a dereita quen defende a estado-nación contra a “tolemia global”, contra “os especuladores feroces” e contra “o capitalismo desenfreado”, senón tamén o mesmo “libertario” Noam Chomsky ou unha ampla fronte de adversarios do MAI. A hexemonía das críticas incompletas e curtas ao capitalismo e das teorías de conspiración triunfaron unha vez máis dentro da esquerda.

Unha vez máis, a especulación non é entendida como o que é: algo que cada quen no mundo capitalista practica, xa que é unha actividade cotiá de cada membro da sociedade burguesa, senón que se malentiende como algo que é só practicado polos “malvados especulandores”.

Cada cálculo de mercado é unha especulación. Na especulación na Bolsa simplemente queda máis obvio, porque alí preséntase a valoración na súa forma máis abstracta (G-G?), aparentemente purificada de calquera impureza.

Coa diferenciación de capital financeiro e capital produtivo, de especuladores e non-especuladores pódense crear culpables. A rabia en contra do capitalismo pódese envorcar unha vez máis sobre determinad@s culpables.

Caricaturas que critican a “globalización” mostran de maneira moi obvia as teorías de conspiración latexantes. O gran polbo enlazador tenta axfisiar ao mundo enteiro e os traballadores “productivos” loitan contra o polbo,

Se a esquerda enténdese ben coas teorías de conspiración mundial sen mencionar “a man xudía” ou sen a “masonería”, de todos os xeitos as propiedades que se lle asignan ao capital financeiro son de sorprendente similitude ao antisemitismo. Un concepto maniqueísta do mundo con bos e malos que se asigna aos malos conotacions, terminos e prexuízos antisemitas pode chegar a transformarse - sen utilizar un antisemitismo aberto - en antisemitismo estrutural. Que polo seu lado de novo, e máis rápido do que un se imaxina, en antisemitismo aberto.

Se mesmo en Malaisia, un país no que o antisemitismo nunca xogou un papel importante, o goberno logo do crash económico tirou do chapeu máxico o “capital xudeu” que podemos agardar entón, en rexións do mundo onde o resentimento antisemita ten antecedentes ben distintos e ben coñecidos?

[1] “Antisemitismo Subordinado” (en alemán “Sekundärer Antisemitismos”: O antisemitismo despois de Auschwitz é denominado como antisemitismo subordinado. Enténdese baixo este termo o que unha frase describía así: “os alemáns nunca nos (aos xudeus) van perdoar Auschwitz”. O horrendo crime de tal magnitude cometido en comunidade fai que o antisemitismo se agoche na esfera privada, no ámbito da cultura cotiá. O antisemitismo subordinado vese reflectido tamén en frases como “Hoxe en día un xa non pode dicir nada sobre os xudeus”.


Ökologische Linke

Comentarios